Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Monaco-Ville

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaMonaco-Ville
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 43°43′51″N 7°25′29″L / 43.73097, 7.424815
EstadoMónaco
Commune of Monaco (en) Traducircomuna de Mónaco Editar o valor en Wikidata
Capital de
sen valor Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación975 (2008) Editar o valor en Wikidata (4.875 hab./km²)
Xeografía
Superficie0,2 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porMar Mediterráneo Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Xefe do gobernoGeorges Marsan (pt) Traducir (2003–) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal98000 Editar o valor en Wikidata
ISO 3166-2MC-MO Editar o valor en Wikidata

Localización de Mónaco-Ville no Principado.

Monaco-Ville (do francés: Cidade de Mónaco) é un barrio de Mónaco que abrangue a zona máis vella do Principado, onde se atopa o recinto amurallado do Principado, o Palacio do Príncipe de Mónaco, a Catedral de San Nicolao e o Museo Oceanográfico. A súa poboación está estimada en 1.151 habitantes.

Descrición

[editar | editar a fonte]

Monaco-Ville, tamén coñecida "Le Rocher" (A Rocha), é un dos tres tradicionais barrios de Mónaco, sendo os outros La Condamine e Monte Carlo. Con todo, en termos administrativos actuais, é unha do dez circunscricións.

É unha vella cidade fortificada, situada sobre un promontorio rochoso que se estende cara ao mar Mediterráneo. O antigo nome de Monaco-Ville era Monoecus. Neste barrio atópase o Palacio do Príncipe, e preto do mesmo a Cathédrale de Monaco, unha edificación románica-bizantina que contén os restos dalgúns príncipes. Ademais atópase o Museo Oceanográfico de Mónaco, o cal foi fundado en 1910 por Alberte I, chegando a estar baixo a dirección de Jacques-Yves Cousteau. Unha das construcións máis antigas do Principado, a Capela da Misericoria, obra de 1639, é famosa por ser o punto de partida das procesións relixiosas por parte dos habitantes na véspera do Venres Santo.

A pesar de estar localizado nun dos países máis densamente poboados, Monaco-Ville permanece como unha vila medieval, sendo a maioría das súas rúas peonís.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]