Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Movella pequena

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Movella pequena

Adulto e cría
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Gaviiformes
Familia: Gaviidae
Xénero: Gavia
Especie: G. stellata
Nome binomial
Gavia stellata
(Pontoppidan, 1763)
     Visitante de verán, e invernos no mar
     Visitante de verán, e invernos no mar

     Visitante de verán, e invernos no mar
Sinonimia

Colymbus stellatus Pontoppidan, 1763
Colymbus lumme Brünnich, 1764
Colymbus septentrionalis Linnaeus, 1766
Gavia lumme Forster, 1788
Colymbus mulleri Brehm, 1826
Urinator lumme Stejneger, 1882

Gavia stellata

A movella pequena[2] ou mobella pequena[3][4][5][6] é unha ave da familia das Gaviidae.

Morfoloxía e hábitos

[editar | editar a fonte]

Trátase dun ave de 53–58 cm de lonxitude e un peso entre os 1000 e 2000 gramos. Trátase das máis pequenas das movellas, cunha envergadura de 91–110 cm. O peteiro é recurvado, coas costas escuras sen debuxo. A cabeza e os laterais da cabeza son de cor gris cinza. Na época de cría mostra unha mancha vermella na parte frontal do pescozo. Os ollos son vermellos. Durante o inverno a plumaxe é semellante á da movella ártica. femia e macho son morfoloxicamente iguais. Nada coa cabeza ergueita algo escorada lateralmente. Atópase en lagos e lagoas, incluídos aqueles existentes na tundra. Aliméntase de peixes, crustáceos e batracios.

Reprodución

[editar | editar a fonte]

O período de cría vai de maio a xullo. O tempo de incubación é de 24-29 días. Os polos voan ás seis semanas.

Distribución

[editar | editar a fonte]

Na época de cría está presente en Escandinavia, extremo norte das Illas Británicas, Islandia e noroeste de Rusia. Fóra da época de cría atópase ó longo da costa europea exceptuando a costa sur da Península Ibérica.

  1. BirdLife International (2012). "Gavia stellata". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 26 de novembro de 2013. 
  2. VV. AA. (2000). Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. ISBN 84-453-2913-8. 
  3. Conde Teira, Miguel Ángel (1999). Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada. Chioglossa. 
  4. "Mobella pequena". TERGAL. Consultado o 20 de abril de 2023. 
  5. Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (2004). Guía das aves de Galicia. Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5. 
  6. De la Cigoña, Estanislao F. (2005). Lista de referencia das aves galegas. Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía. ISBN 84-87904-28-9. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Guía de Aves: España, Europa y Región Mediterránea. Lars Svensson, Killian Mullarney, Dan Zetterstïons. Ediciones Omega. (en castelán)
  • Gran Guía de la Naturaleza AVES. Nicolai, Singer, Wothe. Editorial Everest, s.a. (en castelán)