Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Movella ártica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Movella ártica
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Gaviiformes
Familia: Gaviidae
Xénero: Gavia
Especie: G. arctica
Nome binomial
Gavia arctica
(Linnaeus, 1758)
Subespecies
  • G. a. arctica
  • G. a. viridigularis
Gavia arctica

A movella ártica[2], can de mar[3] ou mobella ártica[4][5][6] é unha ave da familia das Gaviidae.

Morfoloxía e hábitos

[editar | editar a fonte]

Trátase dun ave de 58-68 cm de lonxitude e un peso entre os 2000 e 3000 gramos. É meirande có mergullón cristado. Cabeza e caluga grises e o lombo de cor negra con faíscas brancas. No inverno a plumaxe é unicolor con tonalidades pardo ou gris escuro. Femia e macho son morfoloxicamente iguais. Aliméntase de peixes que captura durante os seus mergullos. Pode chegar a mergullarse durante 3 minutos sen interrupción. Atópase en lagoas grandes.

Reprodución

[editar | editar a fonte]

O período de cría vai de maio a xullo, facendo unha posta de 2 ovos. O tempo de incubación é de 28-30 días. Os polos voan ós dous meses. O niño adoita estar localizado na costa.

Distribución

[editar | editar a fonte]

Na época de cría está presente en Escandinavia, Escocia e noroeste de Rusia. Fóra da época de cría atópase ó longo da costa atlántica europea (agás Portugal), costa adriática, mar Exeo e o mar Negro.

  1. BirdLife International (2012). "Gavia arctica". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 26 de novembro de 2013. 
  2. VV. AA. (2000). Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. ISBN 84-453-2913-8. 
  3. Lahuerta Mouriño, Fernando; Vázquez Álvarez, Francisco X. (2000). Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. ISBN 84-453-2913-8. 
  4. Conde Teira, Miguel Ángel (1999). Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada. Chioglossa. 
  5. "mobella ártica". TERGAL. Consultado o 17 de abril de 2024. 
  6. Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (2004). Guía das aves de Galicia. Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Guía de Aves: España, Europa y Región Mediterránea. Lars Svensson, Killian Mullarney, Dan Zetterstïons. Ediciones Omega. (en castelán)
  • Gran Guía de la Naturaleza AVES. Nicolai, Singer, Wothe. Editorial Everest, s.a. (en castelán)