Lista de mares lunares
Esta é unha listaxe dos maria (grandes e escuras chairas basálticas) da Lúa. Tamén se inclúe océanos e as súas variantes denominadas lacus, palus e sinus. O sistema de nomenclatura lunar moderna foi introducida no 1651 por Giovanni Batista Riccioli e o seu mapa da Lúa foi debuxado por Francesco Maria Grimaldi, ao que se lle dedicou o nome dun cráter.
Mares e océanos
[editar | editar a fonte]Nome en latín | Nome en galego | Coordenadas | Diámetro |
---|---|---|---|
Mare Anguis | Mar da Serpe | 22°36′N 67°42′L / 22.6, 67.7 | 150 km |
Mare Australe | Mar Austral | 38°54′S 93°00′L / -38.9, 93.0 | 603 km |
Mare Cognitum | Mar Coñecido | 10°00′S 23°06′O / -10.0, -23.1 | 376 km |
Mare Crisium | Mar da Crise | 17°00′N 59°06′L / 17.0, 59.1 | 418 km |
Mare Fœcunditatis | Mar da Fertilidade | 7°48′S 51°18′L / -7.8, 51.3 | 909 km |
Mare Frigoris | Mar do Frío | 56°00′N 1°24′L / 56.0, 1.4 | 1596 km |
Mare Humboldtianum | Mar de Alexander von Humboldt | 56°48′N 81°30′L / 56.8, 81.5 | 273 km |
Mare Humorum | Mar da Humidade | 24°24′S 38°36′O / -24.4, -38.6 | 389 km |
Mare Imbrium | Mar da Choiva | 32°48′N 15°36′O / 32.8, -15.6 | 1123 km |
Mare Ingenii | Mar do Enxeño | 33°42′S 163°30′L / -33.7, 163.5 | 318 km |
Mare Insularum | Mar das Illas | 7°30′N 30°54′O / 7.5, -30.9 | 513 km |
Mare Marginis | Mar Marxinal | 13°18′N 86°06′L / 13.3, 86.1 | 420 km |
Mare Moscoviense | Mar de Moscovia | 27°18′N 147°54′L / 27.3, 147.9 | 277 km |
Mare Nectaris | Mar do Néctar | 15°12′S 35°30′L / -15.2, 35.5 | 333 km |
Mare Nubium | Mar das Nubes | 21°18′S 16°36′O / -21.3, -16.6 | 715 km |
Mare Orientale | Mar Oriental | 19°24′S 92°48′O / -19.4, -92.8 | 327 km |
Mare Serenitatis | Mar da Serenidade | 28°00′N 17°30′L / 28.0, 17.5 | 707 km |
Mare Smythii | Mar de William Henry Smyth | 1°18′N 87°30′L / 1.3, 87.5 | 373 km |
Mare Spumans | Mar Espumoso | 1°06′N 65°06′L / 1.1, 65.1 | 139 km |
Mare Tranquillitatis | Mar da Tranquilidade | 8°30′N 31°24′L / 8.5, 31.4 | 873 km |
Mare Undarum | Mar das Ondas | 6°48′N 68°24′L / 6.8, 68.4 | 243 km |
Mare Vaporum | Mar dos Vapores | 13°18′N 3°36′L / 13.3, 3.6 | 245 km |
Oceanus Procellarum | Océano das Tormentas | 18°24′N 57°24′O / 18.4, -57.4 | 2568 km |
- A rexión lunar Mare Desiderii (Mar dos Desexos), descuberta pola sonda Lúa 3 no lado oculto da Lúa, foi clasificada nun comezo como un mar lunar, pero a Unión Astronómica Internacional xa non a considera como tal. Unha parte dela é o actual Mare Ingenii. Anteriormente foron considerados maria:
- Mare Parvum (''Mar Pequeno''), inmediatamente ó leste do cráter Inghirami.
- Mare Incognitum (''Mar Descoñecido'').
- Mare Novum (''Mar Novo''), ao nordeste do cráter Plutarch.
- Mare Struve (''Mar de Struve''), cerca do cráter Messala.
Lagos
[editar | editar a fonte]Un conxunto de variantes son os lagos lunares ou lacus (termo latino para ''lago''), que son chairas máis pequenas de orixe semellante:
Baías e pantanos
[editar | editar a fonte]Outro conxunto de variantes son os sinus (termo latino para ''baía'') e palus (termo latino para ''pantano'').
Algunhas fontes[quen?] tamén listan o Palus Nebularum ("Pantano das Néboas"), en 38°00′N 4°48′L / 38.0, 4.8, mais esta designación aínda non foi recoñecida oficialmente pola UAI.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- L. E. Andersson and Ewen A. Whitaker, NASA Catalogue of Lunar Nomenclature, NASA RP-1097, 1982, no ISBN.
- Ben Bussey and Paul Spudis, The Clementine Atlas of the Moon, Cambridge University Press, 2004, ISBN 0-521-81528-2.
- Antonín Rükl, Atlas of the Moon, Kalmbach Books, 1990, ISBN 0-913135-17-8.
- Ewen A. Whitaker, Mapping and Naming the Moon, Cambridge University Press, 1999, ISBN 0-521-62248-4.