Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Legato

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Notas ligadas por unha ligadura de expresión.

Na notación musical, o legato (termo do italiano que significa "ligado", "unido") indica a unión de dúas ou máis notas musicais. Poden distinguirse dous tipos principais de ligados:

  • Ligados de notas iguais: o efecto é incrementar o valor (duración) das figuras, sendo esta duración a suma das duracións das notas ligadas.
  • Ligados de notas distintas: Indica que as notas ligadas deberán executarse como se fosen unha soa (aínda mantendo cada unha a duración correspondente á súa figura), para o que deberán utilizarse as técnicas apropiadas segundo o instrumento (arrastre, tensado, martilleo etc.).

O ligado escríbese cunha liña curva entre as dúas notas ligadas (denominada ligadura), ou ben cunha liña curva enriba ou debaixo das notas ligadas. Neste caso, é costume agrupar antes as notas ligadas para que formen unha soa figura.