Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Otto Lilienthal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaOtto Lilienthal

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(de) Karl Wilhelm Otto Lilienthal Editar o valor en Wikidata
23 de maio de 1848 Editar o valor en Wikidata
Anklam, Alemaña Editar o valor en Wikidata
Morte10 de agosto de 1896 Editar o valor en Wikidata (48 anos)
Berlín, Alemaña Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorte accidental, accidente ou incidente de aviación Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaBerlín Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoEnxeñaría aeroespacial Editar o valor en Wikidata
OcupaciónEnxeñeiro de aviación, aviador, inventor Editar o valor en Wikidata
Familia
IrmánsMarie Squire
Gustav Lilienthal Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
killed by own invention (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih,
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Enciclopedia Xudía de Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1344146 WikiTree: Lilienthal-10

Otto Lilientahal, nado en Aklam (Prusia) o 23 de maio de 1848 e finado en Berlín o 10 de agosto de 1896, foi un enxeñeiro industrial e aeronáutico alemán. Foi un dos pioneiros do voo e do seu estudo, logo dun enfoque experimental anterior establecido no século XVIII por George Cayley, converténdose na primeira persoa da historia que realizou voos ben planeados, repetidos e con éxito con planadores.[1] O xornais e as revistas publicaron fotografías dos seus voos a nivel internacional e influíron favorablemente na opinión pública e científica sobre a posibilidade de que unha máquina voadora puidese ser unha realidade plausible.

A maior contribución de Lilienthal foi o desenvolvemento dun voo máis pesado que o ar. Traballando xunto co seu irmán Gustav, realizou máis de 2000 voos en planadores do seu deseño, comezando en 1891 coa primeira versión do seu planador, o Derwitzer, ata a súa morte nun accidente en 1896.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Primeiros anos

[editar | editar a fonte]
Mecánica do voo da cegoña branca en Der Vogelflug als Grundlage der Fliegekunst (1889)

Lilienthal naceu en 1848 na provincia de Pomerania, fillo de Gustav Lilienthal e a súa esposa Caroline (nada Pohle),[2] unha parella de clase media. Tiveron oito fillos, pero só tres alcanzaron a idade adulta: Otto, Gustav e Marie.[3] Os irmáns varóns traballaron xuntos toda a súa vida en proxectos técnicos, sociais e culturais.

Axiña se dedicou a estudar o voo das aves co seu irmán Gustav (1849-1933)[4] e, fascinado pola idea do voo tripulado, fixo ás con correas co seu irmán, aínda que os seus intentos de planar fracasaron. Despois asistiu á escola técnica de Potsdam durante dous anos e fundou a empresa Schwarzkopf antes de converterse en enxeñeiro de deseño industrial. Máis tarde asistiu á Real Academia Técnica de Berlín.

En 1867 comezou experimentos máis serios sobre a forza do ar, interrompidos polo seu servizo na guerra franco-prusiana. Como enxeñeiro en varias empresas, recibiu a súa primeira patente por unha máquina mineira. Cinco anos despois fundou a súa propia empresa de fabricación de caldeiras e máquinas de vapor.[5] O 6 de xuño de 1878 casou con Agnes Fisher, filla dun deputado. A música xuntábaos: ela practicaba co piano e coa voz, mentres Lilienthal tocaba a trompa e tiña unha boa voz de tenor.[6] Establecéronse en Berlín e tiveron catro fillos: Otto, Anna, Fritz e Frida.[7]

Carreira aeronáutica

[editar | editar a fonte]
Lilienthal no medio dun voo, c. 1895

Lilienthal, acompañado con frecuencia coa súa esposa e o seu irmán Gustav, experimentou con planadores que evolucionaban segundo os movementos do corpo do piloto e que fixo voar lanzándose desde un outeiro artificial que construíu preto de Berlín e tamén desde outeiros naturais, especialmente nos "Rhinower Berge" (outeiros de Rhinow). Os seus primeiros deseños foron planadores monoplanos, e máis tarde deseñaron e construíron avións con outras configuracións, como biplanos, buques con ás tándem, ás con solapas e ás abatibles. En 1893 conseguiu desprazarse ata 250 metros, un récord que non se superou ata despois da súa morte.[8]

Lilienthal fixo investigacións básicas sobre a descrición exacta do voo das aves, especialmente as cegoñas, e empregou diagramas polares para describir a aerodinámica das súas ás. Axudou a demostrar que o voo máis pesado que o ar era práctico sen bater as ás, sentando as bases para que Alberto Santos-Dumont construíse con éxito o primeiro avión algúns anos despois, engalando sen axuda externa. Como resultado dos seus estudos e dos seus máis de dous mil voos, publicou artigos en revistas especializadas e realizou varias publicacións, sendo a máis coñecida unha obra titulada Der Vogelflug als Grundlage der Fliegekunst, publicada en 1889 e traducida ao inglés en 1911. Mantivo correspondencia con outros pioneiros aéreos, como Octave Chanute.

Ademais de dedicar a súa vida á investigación sobre os voos, Lilienthal tamén foi un inventor, ideando un pequeno motor que funcionaba cun sistema de caldeiras tubulares.[9] O seu motor era máis seguro que outros da época. Este invento deulle a liberdade financeira para deixar o seu traballo e centrarse na aviación. O seu irmán Gustav vivía naquel entón en Australia e Otto non participou en ningún experimento de aviación ata o regreso do seu irmán en 1885.[10]

Fundou unha empresa de caldeiras e máquinas de vapor e obtivo vinte e cinco patentes,[11] unha delas para unha máquina empregada na minería e catro relacionadas coa aeronáutica.

Cerimonia de inauguración do monumento a Lilienthal en Berlín. Gustav (esquerda) e Paul Baylich, agosto de 1932

Lilienthal sufriu unha gran cantidade de colisións nos seus experimentos aínda que o seu planador só podía alcanzar baixas velocidades e altitudes. O 9 de agosto de 1896 sufriu un grave accidente ao caer desde unha altura de 17 metros, rompendo o pescozo á altura da terceira vértebra.[12] O seu mecánico Paul Beylich recolleuno e levouno en carruaxe a Stölln, onde foi examinado por un médico. Perdido o coñecemento, foi levado en tren de mercadorías á estación Lehrter en Berlín e, á mañá seguinte, á clínica de Ernst von Bergmann, un dos cirurxiáns máis famosos e con máis éxito na Europa da época, onde faleceu.

Existen diferentes informacións sobre as últimas palabras de Lilienthal. Unha versión popular, escrita na súa lápida é que foron "Opfer müssen gebracht werden!" ("Cómpre que haxa sacrificios!"). Porén, a dirección do Museo Otto Lilienthal dubida sobre que fosen esas.[13] Foi enterrado no cemiterio público de Lankwitz en Berlín.

Coñecido como o "Pai do Voo", os irmáns Wright recoñecérono como unha grande inspiración.

  1. DLR baut das erste Serien-Flugzeug der Welt nach Arquivado 26 de novembro de 2018 en Wayback Machine. 2017. Consultado o 3 de marzo de 2017.
  2. "Archived copy". Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2015. Consultado o 2015-02-23. 
  3. Anderson 2001, p. 156.
  4. Encyclopedia of Transportation. Nova York: Rand-McNally, 1977.
  5. "Archived copy". Consultado o 2018-06-01. 
  6. Anderson 2001, p. 157.
  7. "Otto Lilienthal." Encyclopedia of World Biography, 2004. Consultado o 7 de xaneiro de 2012.
  8. "From Lilienthal to the Wrights." Otto Lilienthal Museum. Consultado o 8 de xaneiro de 2012.
  9. "Documentation of the only preserved Lilienthal engine" Otto Lilienthal Museum. Consultado o 12 de febreiro de 2018.
  10. Runge and Lukasch: Erfinderleben. Die Brüder Otto und Gustav Lilienthal. Berlín 2007. ISBN 978-3-8333-0467-5
  11. "Patent archives of the Museum." Otto Lilienthal Museum. Consultado o 12 de febreiro de 2018.
  12. Harsch, Viktor; Bardrum, Benny; Illig, Petra (outubro de 2008). "Lilienthal's Fatal Glider Crash in 1896: Evidence Regarding the Cause of Death". Aviation, Space, and Environmental Medicine 79 (101): 993–994. PMID 18856192. doi:10.3357/ASEM.2283.2008. 
  13. Reichhardt, Tony (10 de agosto de 2016). "The Last Words of Otto Lilienthal". Air & Space/Smithsonian. Consultado o 27 de xuño de 2018. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Anderson, John D. A History of Aerodynamics and Its Impact on Flying Machines. Cambridge, UK: Cambridge University Press, 2001, First edition 1999. ISBN 978-0-521-66955-9
  • Crouch, Tom D. The Bishop's Boys: A Life of Wilbur and Orville Wright. Nova York: W. W. Norton & Company, 1989. ISBN 0-393-30695-X
  • Jarret, Philip. "Soaring Inspiration: Otto Lilienthal's Influence in Britain". Air Enthusiast, No. 65, setembro–outubro 1996, pp. 2–7. ISSN 0143-5450
  • Lilienthal, Otto. Birdflight as the Basis of Aviation. Primeira edición, 1911 reimpresa en 2001: ISBN 0-938716-58-1
  • Nitsch, Stephan. Vom Sprung zum Flug (From the jump to the flight). Berlín, Brandenburgisches Verlagshaus, 1991. ISBN 3-327-01090-0. Segunda edición modificada: Die Flugzeuge von Otto Lilienthal. Technik - Dokumentation - Rekonstruktion. (The airplanes of Otto Lilienthal. Technique - Documentation - Reconstruction). Otto-Lilienthal-Museum Anklam, 2016. ISBN 978-3-941681-88-0

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]