Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Ostariofisos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Ostariophysi»)
Un siluriforme (Pterygoplichthys multiradiatus)

Os ostariofisos (Ostariophysi) son unha superorde de peixes teleósteos. Comprende un bo número de peixes de auga doce.

Características

[editar | editar a fonte]

Caracterízanse por presentar o aparato de Weber. Adoitan ter a vexiga natatoria diferenciada nunha rexión cefálica e outra caudal.

O aparato de Weber é unha cadea de pequenos ósos (as 4-5 vértebras anteriores modificadas), que conectan a vexiga natatoria co oído interno. Actúa a modo de caixa de resonancia e amplifica as vibracións e transmíteas ó oído interno, así como as variacións de presión. Déuselle este nome en honor do anatomista e fisiólogo alemán Ernst Heinrich Weber (1795–1878).

Clasificación

[editar | editar a fonte]

Divídense en cinco ordes:

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]