Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

The Lord of the Rings: The Return of the King

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «O Señor dos Aneis: O Regreso do Rei»)

The Lord of the Rings: The Return of the King
Logo do filme.
Ficha técnica
Título orixinalThe Lord of the Rings: The Return of the King
DirectorPeter Jackson
Produtor
Guión
Baseado enO Regreso do Rei de J. R. R. Tolkien
Intérpretes
MúsicaHoward Shore
FotografíaAndrew Lesnie
MontaxeJamie Selkirk
Annie Collins
Estudio
DistribuidoraNew Line Cinema[1]
EstreaEmbassy Theatre: 1 de decembro de 2003
17 de decembro de 2003
Nova Zelandia Nova Zelandia 18 de decembro de 2003
Duración201 minutos[2]
OrixeNova Zelandia Nova Zelandia[1]
Estados Unidos de América Estados Unidos[1]
Reino Unido Reino Unido
XéneroAcción, Aventura, Fantasía
Orzamento$94 000 000[3]
Recadación$1 119 929 521
Filme anteriorThe Lord of the Rings: The Two Towers
Na rede
https://www.warnerbros.com/movies/lord-rings-return-king/
IMDB: tt0167260 Filmaffinity: 226427 Allocine: 39187 Rottentomatoes: m/the_lord_of_the_rings_the_return_of_the_king Mojo: returnoftheking Allmovie: am2541 TCM: 415204 Metacritic: movie/the-lord-of-the-rings-the-return-of-the-king TV.com: movies/the-lord-of-the-rings-the-return-of-the-king Editar o valor en Wikidata

The Lord of the Rings: The Return of the King é un filme épico e de fantasía de 2003 dirixido por Peter Jackson que está baseado na segunda e terceira parte da triloxía d'O Señor dos Aneis de J. R. R. Tolkien. É o terceiro e derradeiro filme da triloxía cinematográfica, precedido por The Fellowship of the Ring (2001) e The Two Towers (2002).

Cando Sauron lanza as derradeiras ofensivas para a conquista da Terra Media, Gandalf e o rei Théoden de Rohan unen forzas para axudar a defender a capital de Gondor, Minas Tirith, da ameaza inminente. Aragorn finalmente reclama o trono de Gondor, e coa axuda de Legolas o elfo, Gimli o anano e o Exército dos Mortos, loita para derrotar a Sauron. Malia todo, todo depende dos hobbits Frodo e Sam e a súa misión de destruír o Anel Único mentres lidian coa traizón de Gollum. Despois dunha longa viaxe, chegan ás perigosas terras de Mordor, onde deberán quindar o anel ó lugar onde foi creado, os lumes volcánicos de Orodruin.

Estreado o 17 de decembro de 2003, The Lord of the Rings: The Return of the King recibiu aclamacións por parte da crítica e do público[4] converténdose nun dos meirandes éxitos en crítica e recadación de tódolos tempos, con máis $1.000 millóns en todo o mundo. Foi o maior éxito de New Line Cinema,[5] e tamén de Time Warner ata que foi superado por Harry Potter e as reliquias da morte (2ª parte) no 2011.

Por outra banda, gañou os 11 Premios Oscar ós que estaba nomeado, polo tanto conseguindo a marca de maior gañador de Oscars. Entre os premios inclúense o de mellor filme, a primeira e única vez que un filme de fantasía o conseguiu; e o de mellor director. Está empatada con Ben-Hur (1959) e Titanic (1997) como filme con maior número de Oscars.

A historia comeza cun recordatorio de como o hobbit Sméagol chegou a ter o Anel Único, matando ó seu amigo Déagol que o atopara no fondo dun río (onde se perdera moitos anos antes). Dende entón, a historia continúa onde se ve como Gollum leva a Frodo e a Sam, a través da entrada preto de Minas Morgul, onde ven os seus exércitos escuros.

Trala vitoria na batalla do Abismo de Helmo, unha compaña de soldados de Rohan, xunto con Gandalf, Aragorn, Legolas, Gimli, Théoden e Éomer van a Isengarda, a fortaleza de Saruman. Atopárona completamente destruída polos Ents, e volven reunirse con Merri e Pipin. Entre as ruínas da cidade, Pipin atopou o Palantír (a pedra vidente de Saruman), que Gandalf garda rapidamente.

Despois das celebracións da vitoria, Pipin tiña unha gran curiosidade de ver a pedra de novo, e tómaa mentres Gandalf durmía. Viu nela o ollo de Sauron, que tentou obter información de Pipin, pero Gandalf foi quen de intervir rapidamente, e Pipin non lle revelou nada a Sauron. Con todo, Pipin viu en Sauron unha cousa importante: unha árbore branca. Gandalf soubo que era a Árbore Branca de Minas Tirith, polo que adiviñou que Sauron estaba planeando atacar Minas Tirith. Gandalf parte inmediatamente para advertir e levou a Pipin consigo para protexelo de Sauron na cidade. Pero ó chegar atoparon ó Rexente Denethor II aflixido pola morte do seu fillo favorito, Boromir, e completamente indiferente a todo o demais. Sentíndose parcialmente responsable, xa que Boromir morreu defendéndoo, Pipin ofrece os seus servizos a Denethor como soldado. Por outra banda, Denethor non se fía de Gandalf xa que sabe que o acompaña Aragorn, quen debe recuperar o seu trono, como o herdeiro de Isildur, o que significaría o derrocamento de Denethor. Por todo isto Denethor rexeita seguir o consello de Gandalf para pedir a axuda de Rohan. Pero Gandalf decide chamar a axuda de Rohan, e envía a Pipin a prender os fachos de Minas Tirith. Aragorn ó advertir a petición de axuda, comunícalla a Théoden, quen a pesar das súas dúbidas (xa que Gondor no lle axudou na Batalla do Abismo de Helmo nin nos outros ataques de Saruman), ó final decide reunir o seu exército para marchar á guerra.

As forzas de Rohan toman varios días para reunir ós seus xinetes para partir cara Minas Tirith, e Théoden laméntase de que non todos os seus súbditos acudan á súa chamada e que non terán forza abonda para derrotar a Mordor, pero decide continuar a marcha. Aragorn recibe unha visita misteriosa de Elrond: a súa filla Arwen viu un futuro no que podería ter fillos con Aragorn e decidiu permanecer na Terra Media. Entón Elrond ofrece a súa axuda na guerra forxando a grande espada Narsil, a espada coa que Isildur derrotou a Sauron. Con esa espada, Aragorn, Legolas e Gimli deixan ó resto do exército de Rohan e entran nunha cova onde habita o exército dos mortos. Son pantasmas que prometeran axudar a Isildur, pero que ó final se botaran atrás, de xeito que tras a súa vitoria sobre Sauron, Isildur maldíxoos para que, mesmo despois da morte, non tivesen paz. Soamente se un día pagaban a súa débeda poderían facelo. Aragorn reclamou a súa axuda, prometendo como Rei de Gondor que daría a débeda por cumprida.

Gollum, con todo, logra que Frodo desconfíe de Sam, e afástao da viaxe, xusto cando o fixo entrar no paso de Cirith Ungol e á cova de Ella-Laraña. Aínda así, conseguiu liberarse e atacar a Gollum. Gollum dixo ser inocente, que o Anel o obrigaba a facer o que fixo e, finalmente, Frodo dille para que vai a Mordor: para destruílo. Gollum ataca de novo, pero cae nun barranco. Frodo é atrapado por Ella-Laraña despois diso, pero Sam logra expulsala. Sam pensou que Frodo estaba morto polo veleno que lle foi inxectado e colleu o anel para continuar a misión, e despois viñeron algúns orcos. Sam ocultouse, e os orcos atoparon e colleron o corpo de Frodo, e comentaron que non estaba morto, só inconsciente por varias horas. Sam infíltrase na fortaleza e libera a Frodo, e continúan a súa viaxe disfrazados como orcos.

Denethor enviou ó seu fillo Faramir nunha misión destinada ao fracaso, para recuperar un reduto de Minas Tirith, Osgiliath, anteriormente conquistado polos orcos. Faramir aceptou a misión só porque devecía amosarlle ó seu pai que tamén era un soldado leal e valente como Boromir. O seu grupo apenas volta con vida, xa que estaba sendo aniquilado polos Nazgûl, de non ser pola axuda de Gandalf, e Denethor ó ver ó seu fillo ferido por varias frechas toleou, créndoo morto. Mentres que a maior parte das forzas de Mordor avanzan sobre a cidade, Denethor estaba co seu fillo para queimarse con el nunha pira. Gandalf foi quen de retirar a Faramir do lume, que aínda estaba vivo, pero Denethor morre incinerado.

As forzas de Mordor malamente podían ser contidas, e co gran ariete Grond derrubaron as portas da cidade. Cando a derrota estaba próxima, aparecen no horizonte os cabaleiros de Rohan, que volven igualar a situación. Entón Mordor recibiu poderosos reforzos: un exército procedente do sur (Haradrim) con elefantes de guerra.

A batalla dos Campos de Pelennor parecía inclinarse a favor do exército de Théoden, pero despois foi mortalmente ferido polo Señor dos Nazgûl, o Rei Bruxo de Angmar que non podía ser derrotado por ningún home, e ordena ó seu dragón que devore ó rei caído. Éowyn ven na súa defensa e derrota ó espectro coa axuda de Merri. O Rei Bruxo finalmente desapareceu, derrotado non polo home, senón por unha muller e un hobbit.

Despois chegan tamén varios barcos piratas das forzas de Mordor que atracan no peirao do Osgiliath, pero para a sorpresa dos orcos, os barcos están baixo o poder de Aragorn, Legolas e Gimli e o seu exército de pantasmas. Co exército dos mortos, limpan os campos de Pelennor completamente: todas as de criaturas de Mordor que foron á guerra foron aniquiladas rapidamente.

Despois da batalla, reclamaron a Aragorn a súa promesa de liberar. Gimli aconsellamos a non, Mordor aínda era un perigo e foron moi útiles, pero Aragorn mantivo a súa promesa. Os espectros desapareceron.

Gandalf dixo, durante unha discusión, que resistir os ataques era inútil, xa que Mordor era máis poderoso e acabará por gañar. A súa única esperanza era que Frodo lograse destruír o Anel. O único xeito de axudar era marchar en dirección á Porta Negra, para atraer a atención do ollo de Sauron. Todos os sobreviventes foron para o Porta Negro, onde Aragorn esixiulle a Sauron a rendición, pero as portas abríronse e apareceu o exército do Señor Escuro, e un mar de inimigos cercaban.

Frodo e Sam finalmente chegan ó Monte do Destino, onde Gollum reaparece para recuperar o anel. Pero unha vez no bordo do lume onde Frodo podería tirar o anel e destruílo finalmente, sucumbe ao seu poder e reclámao para si mesmo. Gollum entón reaparece e faise co anel ó tempo que cae ó lume. Nese intre a Torre de Sauron esborrállase, e o gran ollo estoura, Mordor cae no chan e todos os orcos foxen.

Gandalf rescata a Sam e a Frodo do Monte do Destino, que estaba a botar lava polas súas faldras, montado en Gwaihir, o Señor dos Ventos, e os hobbits foron homenaxeados en Gondor durante a coroación de Aragorn como rei. Entón regresan á Comarca, onde Sam casa con Rosa Cotón. Frodo escribe as súas memorias e deixa o final do libro para Sam e, finalmente, marcha para as Terras Inmortais con Bilbo, Gandalf, Elrond, Galadriel e os outros elfos.

Personaxes

[editar | editar a fonte]
Os seguintes só aparecen na versión estendida

Galardóns e nomeamentos

[editar | editar a fonte]
  • 2003: 11 premios Oscar, entre eles mellor filme e mellor director. 11 nomeamentos.
  • 2003: 4 Globos de Ouro: Mellor filme dramático, director, bso, canción orixinal.
  • 2003: 5 premios BAFTA, incluíndo Mellor fotografía, efectos visuais. 13 nomeamentos.
  • 2003: National Board of Review: Mellor elenco.
  • 2003: Círculo de críticos de Nova York: Mellor filme.
  • 2003: Toronto: Mellor director (Peter Jackson).
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 "The Lord of the Rings: The Return of the King". AFI Catalog of Feature Films. Arquivado dende o orixinal o 12 de maio de 2019. Consultado o 28 de decembro de 2018. 
  2. "THE LORD OF THE RINGS - THE RETURN OF THE KING". British Board of Film Classification. Arquivado dende o orixinal o 22 de marzo de 2018. Consultado o 2 de maio de 2019. 
  3. BoxOfficeMojo
  4. "The Lord of the Rings: The Return of the King Movie Reviews, Pictures, Trailers". Rotten Tomatoes. Consultado o 24 de marzo de 2010. 
  5. "All Time Worldwide Box Office". Box Office Mojo. Arquivado dende o orixinal o 5 de xuño de 2004. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]