Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

O Principiño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Principiño
Título orixinalLe Petit Prince
Autor/aAntoine de Saint-Exupéry
Ilustrador/aAntoine de Saint-Exupéry
CubertaAntoine de Saint-Exupéry
OrixeFrancia
Linguafrancés
ColecciónBiblioteca Galega de Clásicos Universais
Xénero(s)Novela, literatura infantil
Editorial Reynal & Hitchcock
Francia Gallimard
Galicia Editorial Galaxia
Data de pub. 1943 (en inglés e francés)
Francia 1945
Galicia 1972
Páxinas103 (gl)
ISBNISBN 84-7154-631-0
Precedido porPilote de guerre (1942)
Seguido porLettre à un otage (1944)
Premios
TraduciónCarlos Casares
editar datos en Wikidata ]

O Principiño[1] (en francés: Le Petit Prince) é unha novela, a obra máis famosa do aristócrata, escritor, poeta e aviador francés Antoine de Saint-Exupéry, publicada por primeira vez en abril de 1943. A novela foi votada como o mellor libro do século XX en Francia. Traducida a 300 linguas e dialectos,[2][3][4] vendendo preto de dous millóns de copias anualmente, e con máis de 140 millóns de copias vendidas en todo o mundo,[5] converteuse nun dos libros máis vendidos e máis traducidos xamais publicados.[6][7][8]

Co estoupido da segunda guerra mundial, Saint-Exupéry escapou a América do Norte. Malia os seus trastornos persoais e a súa mala saúde, alí produciu case a metade dos escritos polos cales é lembrado, incluído esta historia de soidade, amizade, amor e perda que conta as aventuras dun pequeno príncipe que visita a Terra. Unha memoria anterior escrita polo autor contas as súas experiencias de aviación no deserto do Sáhara, e crese que se baseou nesas mesmas experiencias para escribir O Principiño.

Dende a súa publicación, a novela foi adaptada a numerosos medios e formatos, incluíndo gravacións de son, obras de radio, obras de teatro, filmes, series de televisión, ballets e óperas.[3][9] Malia que é considerado unha obra de literatura infantil, O Principiño fai varias observacións sobre a vida e a natureza humana.[10]

Foi traducida ó galego por Carlos Casares e publicada pola Editorial Galaxia en 1972.[1] No ano 2005, foi publicado de novo cunha nova versión do mesmo tradutor dentro da colección Biblioteca Galega de Clásicos Universais.[11] Rodrigo Vizcaíno traduciu ó galego a novela no ano 2015, que foi publicada por Urco Editora.[12]

O narrador é un aviador que durante un voo ten unha avaría no motor. Para arranxalo párase no deserto do Sáhara. Para el é unha cuestión de vida ou morte.

Á mañanciña do seguinte día o aviador é sorprendido por unha pequena voz que lle demandaba “Por favor... píntame un año!”. Despois da sorpresa do aviador ante a presenza do rapaciño, o aviador debuxou o que sabía, unha boa cun elefante dentro, debuxo que sempre fora interpretado como un sombreiro. O Principiño insistía en quería un año e o aviador tentouno debuxar varias veces, pero estes debuxos eran rexeitados polo príncipe ata que lle debuxou unha caixa e lle dixo que dentro dela estaba o año. O Principiño deuse por satisfeito.

Tralas conversacións entre os dous, o aviador logrou saber algo do pequeno príncipe. O Principiño vivía nun asteroide, o B612, pouco máis grande cunha casa, que ten tres volcáns (dous activos, e un inactivo) e unha rosa. Pasaba os seus días coidando do seu asteroide, removendo as árbores baobabs para que non botaran raíces. De permitirlles medrar, as árbores partirían o seu asteroide en pedazos. O Principiño abandona o asteroide un día para coñecer o resto do universo e visita outros planetas, cada un dos cales se encontra habitado por un adulto que, á súa maneira, demostra o parvos que son a maioría das persoas cando se volven “maiores”:

  • O Rei, quen cre "controlar" as estrelas ordenándolles cousas que farían de todos modos.
  • O Vaidoso, quen pensa que todos son admiradores seus, pero vive só no seu asteroide. Todo o que non sexa un cumprido el non o escoita.
  • O Bebedor, quen bebe para esquecer que se avergoña de beber.
  • O Home de Negocios, quen está sempre recontando as estrelas que el pensa que son súas. Quéreas para ser rico e mercar máis estrelas. O Principiño retrucoulle que se el non é útil para as estrelas non podería posuílas, ó contrario ca el, que era útil para o seu asteroide, xa que ten unha flor que rega todos os días, e catro volcáns que limpa de charrizo.
  • O Faroleiro, quen vive nun asteroide que xira unha vez nun minuto. Hai moito tempo que lle fora encargada a consigna de acender o farol de noite e apagalo de día. Por aquel entón, o asteroide rotaba a unha velocidade razoábel e tiña tempo para descansar. Co tempo, a rotación acelerouse e, negándose a abandonar o seu oficio, o faroleiro acende e apaga o farol unha vez por minuto, non podendo descansar nunca. Para o Principiño , este é o único dos que visitou que non lle pareceu ridículo, se cadra porque se preocupa máis doutra cousa que de si mesmo.
  • O Xeógrafo, quen pasa todo o tempo debuxando mapas, mais endexamais deixou o seu escritorio para explorar.

Soamente por interese profesional, o xeógrafo solicita ó príncipe que describa o asteroide de seu. O príncipe describe os volcáns e a rosa. O xeógrafo decide non tomar nota da rosa, argumentando que as flores son efémeras. O príncipe queda conmocionado ó saber que a súa rosa desaparecerá algún día. O xeógrafo recoméndalle visitar a Terra, xa que ten unha boa reputación.

Unha vez na Terra, o Principiño encontra todo un xardín cheo de rosas, o que lle fai sentir moi desgrazado porque a súa rosa lle dixera que era única no universo. Máis tarde coñece e domestica un raposo, que lle explica ó príncipe que a súa rosa é única e especial porque é a que el ama.

Despois disto é cando se encontra co aviador no medio do deserto.

No deserto o Principiño coñece a unha serpe que ten o poder de devolvelo ó seu asteroide. Despois de pensalo, o Principiño despídese emotivamente do narrador e deixa que a serpe o trabe. O Principiño ficou inmóbil por un intre e despois caeu a modiño, coma unha árbore. Cando o aviador procura o seu corpo ó día seguinte, este xa non estaba.

Dedicatoria

[editar | editar a fonte]

Saint-Exupéry dedicou o libro ó seu mellor amigo, León Werth, e despois corrixe a dedicatoria e dedícallo a León Werth cando era neno, xa que todas as persoas maiores foron nenos antes, aínda que poucas se lembren.

Astronomía

[editar | editar a fonte]

Un asteroide : 46610 Bésixdouze foi nomeado en honra ó planeta de orixe do Principiño. Ademais, o asteroide 2578 Saint-Exupéry foi nomeado en honra ó autor d’O Principiño .

  1. 1,0 1,1 O Principiño. Traducido por Carlos Casares (1ª ed.). Vigo: Editorial Galaxia. 1972. ISBN 84-7154-631-0 – vía Biblioteca da Tradución Galega. 
  2. "'The Little Prince' becomes world's most translated book, excluding religious works". CTV News. 7 de abril de 2017. Consultado o 30 de decembro de 2018. 
  3. 3,0 3,1 Shattuck, Kathryn (2005) A Prince Eternal, The New York Times, 3 de abril de 2005.
  4. Mun-Delsalle, Y-Jean (2011) Guardians of the Future, The Peak Magazine, marzo de 2011, pg. 63. Arquivado 02 de maio de 2012 en Wayback Machine.
  5. Miller, Jennifer. Why "The Little Prince" Is Actually A New York Classic, Fast Company. Consultado en FastCoCreate.com o 2 de febreiro de 2014.
  6. Adamson, Thomas. Little Prince Discovery Offers New Insight Into Classic Book, Associated Press via TimesTribune.com, 3 de maio de 2012. Consultado o 6 de xaneiro de 2013. Bell, Susan (2008) "I Shot French Literary Hero Out Of The Sky", The Scotsman. Johnston Press Digital Publishing. 17 de marzo de 2008. Consultado o 4 de agosto de 2009.
  7. Van Gelder, Lawrence (2000) Footlights: Celestial Traveller, The New York Times, 9 de maio de 2000.
  8. Goding, Stowell C. (1972) "Le Petit Prince de Saint-Exupéry by George Borglum" (review), The French Review, American Association of Teachers of French, outubro de 1972, Vol. 46, No. 1, pp. 244–245. Consultado o 26 de outubro de 2011 (subscription).
  9. Naina Dey (14 de xaneiro de 2010). The Statesman, ed. "Cult of subtle satire". Arquivado dende o orixinal o 07 de xuño de 2011. Consultado o 5 de febreiro de 2010. 
  10. Gopnik, Adam. The Strange Triumph of "The Little Prince", The New Yorker, 29 de abril de 2014. Consultado o 5 de maio de 2014.
  11. O Principiño. Traducido por Carlos Casares (1ª ed.). Arteixo: La Voz de Galicia. 2005. ISBN 84-9757-209-2 – vía Biblioteca da Tradución Galega. 
  12. O Principiño. Traducido por Rodrigo Vizcaíno (1ª ed.). Santiago de Compostela: Urco Editora. 2015. ISBN 978-84-15699-51-4 – vía Biblioteca da Tradución Galega. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]