Isabel Soto
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 18 de xullo de 1969 (55 anos) Vigo, España |
Formación profesional | Filoloxía Hispánica |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | tradutora |
Xénero artístico | Ensaio e tradución |
Premios | |
María Isabel Soto López, nada en Vigo o 18 de xullo de 1969, é unha crítica literaria e tradutora galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciouse en Filoloxía Hispánica en 1992 pola Universidade de Santiago de Compostela. Graduouse coa memoria de licenciatura Heraclio Pérez Plácer. Obra e narrativa completa en galego. Edición e análise literaria, publicada anos máis tarde (1998) polo Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. Así mesmo, comezou a súa tese de doutoramento baixo a dirección de Anxo Tarrío sobre a "Formación e análise da crítica literaria galega".
É unha das principais coñecedoras das figuras de Heraclio Pérez Placer[1] e de Agustín Fernández Paz, autor este último sobre o que publicou diversos estudos analíticos, como "Agustín Fernádez Paz: procesos de reescrita"[2], "Encontro con Agustín Fernández Paz"[3], "@afernandezpaz"[4], "Agustín Fernández Paz: un escritor excepcional"[5] ou "A representación da escola e da educación na obra literaria de Agustín Fernández Paz"[6], amais de varias publicacións en formato libro que recompilan a súa obra ensaística, como O rastro que deixamos (Xerais, 2012) e Un mundo de palabras (Xerais, 2017).
Foi secretaria de redacción[7][8] da revista Golfiño nas súas dúas épocas (Con Xerais entre 1999 e 2001; con La Voz de Galicia entre 2002 e 2004). Tamén foi secretaria do Boletín Galego de Literatura (1998-2014), primeiro canda Xabier Campos Villar e máis tarde, dende 2006, xunto a Marta Neira Rodríguez[9]. Tamén secretaria de Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil no período 1995-2005. Foi axudante da comisaria Henrike Fesefeldt na organización do congreso do IBBY en Santiago de Compostela en 2010[10].
No tocante á faceta de crítica de Soto, foi colaboradora da páxina de cultura LG3 (2003-2012), do programa da Televisión de Galicia Libro aberto (2006-2009)[11] e de revistas e xornais como ProTexta, El Correo Gallego, Malasartes, Lazarillo ou CLIJ. De igual maneira, encargouse das panorámicas anuais de literatura infantil e xuvenil para o Anuario Grial de Estudos Literarios Galegos.
Tradución literaria
[editar | editar a fonte]Traballa como tradutora profesional dende 1996. Nunha primeira etapa, principalmente co libro de texto; a partir da década de 2000, sobre todo vertendo literatura estranxeira cara ao galego e ao castelán[12] dende as linguas francesa, portuguesa ou italiana[13].
No ámbito galego, publicou con Edebé-Rodeira, Kalandraka, Edicións Xerais de Galicia, Editorial Hugin e Munin, El Patito Editorial, Hércules de Edicións, Edelvives-Tambre. No ámbito estatal, con selos como Destino, Alianza Editorial, Bruño, Vicens Vives, Ediciones SM, Akal, Anaya, Ediciones B, Edelvives e Planeta & Oxford.
Cabe sinalar que realizou un importante número de traballos en tándem co tradutor Xavier Senín, entre eles diversos números de Astérix[14], tanto na versión galega coma na castelá, ou obras de relevo de autores como Raymond Roussel, Daniel Pennac, François Bégaudeau, Villiers de L'Isle-Adam, Juan Farias ou Rosa Navarro Durán.
Obra
[editar | editar a fonte]Ensaio
[editar | editar a fonte]- Do libro impreso á Internet, 2005, Xunta de Galicia.
- María Victoria Moreno. Sementadora de futuro, 2018, Edicións Xerais, con Xavier Senín.
Traducións
[editar | editar a fonte]- O outro río: a emigración galega a Río de Xaneiro, de Érica Sarmiento da Silva, 2006, 3C3 Editores.
- Coida o teu planeta, de Jean-Michel Billioud, 2007, S. M. Xerme (Vigo).
- Cordelúa, de Elia Barceló, 2007, Rodeira.
- Os corvos do xardín, de Aldous Huxley, 2007, S. M. Xerme.
- As desgrazas de Sophie, de Valérie Dayre, 2007, S. M. Xerme.
- A sopeira e o cazo, de Michael Ende, 2007, S. M. Xerme.
- Agardarei por ti en África, de Blanca Álvarez, 2008, Planeta-Oxford.
- Home, Sweet Home, de Dudi, 2008, El Patito (Biblioteca Clásicos da Historieta Galega nº 2).
- De profundis, de Miguelanxo Prado, 2008, El Patito.
- Fuxida cara ao sur, de Juan Madrid, 2008, Rodeira.
- Flanagan Flash-Back, de Andreu Martín e Jaume Ribera, 2009, Xerais.
- Geronimo Stilton. O meu nome é Geronimo Stilton, 2009, Destino (Barcelona).
- Geronimo Stilton. O misterioso manuscrito de Nostrarratus, 2009, Destino.
- Geronimo Stilton. Na procura da marabilla perdida, 2009, Destino.
- Geronimo Stilton. A carreira máis desatinada do mundo, 2010, Destino.
- Geronimo Stilton. O galeón dos gatos piratas, 2010, Destino.
- Geronimo Stilton. Unha aloucada viaxe a Ratiquistán, 2010, Destino.
- Isto é París, de Miroslav Sasek, 2010, El Patito.
- Lóbrego romance, pálido pantasma: as lendas espectraies de Malvadia, de Jack Mircala, 2010, El Patito.
- Geronimo Stilton. O misterio do tesouro desaparecido. 2011, Destino.
- Geronimo Stilton. O sorriso da Mona Ratisa. 2011, Destino.
- Geronimo Stilton. Vaite de aí, cara de queixo!. 2011, Destino.
- Os catro grandes, de Alain Paillou, 2011, El Patito Editorial.
- Elias Portolu, de Grazia Deledda, 2012, Hugin e Munin.
- Engurras, de Paco Roca, 2012, El Patito Editorial.
- Morte no Nilo, de Agatha Christie, 2021, El Patito Editorial.
- Gretchen, miña nena, Christine Nöstlinger, 2012, Oxford University Press.
- Contos do día e da noite, Guy de Maupassant, 2013, BIVIR.
- María e mais eu, de Miguel Gallardo, 2013, El Patito Editorial[15].
- Un matrimonio provinciano, de Marquesa Colombi, 2014, Hugin e Munin.
- Isto non é un conto, de Denis Diderot, 2015, BIVIR[16]..
- Fosca, de Igino Ugo Tarchetti, 2016, Hugin e Munin.
- Últimas cartas de Jacopo Ortis, de Ugo Foscolo, 2016, Hugin e Munin.
- A contrafío, de Joris-Karl Huysmans, 2016, Hugin e Munin.
- Thérèse Raquin, de Émile Zola, 2017, Hugin e Munin.
- A obra, de Bruno Sperani, 2017, Hugin e Munin.
- Filibuth ou o reloxo de ouro, de Max Jacob, 2018, Hugin e Munin.
- Pinturas de guerra, de Ángel de la Calle, 2019, Retranca editora[17].
- A morte da Terra, de J.-H. Rosny aîné, 2019, Hugin e Munin.
- A virtude de Checchina, de Matilde Serao, 2019, Hugin e Munin.
- As confesións dunha filla do século, de Donna Paola, 2019, Hugin e Munin.
- Era dúas veces o barón Lamberto, de Gianni Rodari, 2020, Kalandraka.[18]
- A escritora, de Madame de Genlis, 2020, Hugin e Munin.
- Sete chaves para abrir os soños, de Alfredo Gómez Cerdá (ilustr. David Pintor), 2020, Kalandraka.
- Dúas moedas, de Nuria Tamarit, 2020, Retranca editora.
- Gesolmino no país dos mentiráns, de Gianni Rodari, 2020, Kalandraka.
- Gallaecia, un pouco ao norte, de João Pedro Messeder, 2020, Poética Ediçoes.
- Filipo e Leo. Un pícnic tranquilo, de Adolfo Serra e Ester García, 2020, Edelvives-Tambre.
- Filipo e Leo. Unha tarde de chuvia, de Adolfo Serra e Ester García, 2020, Edelvives-Tambre.
- Plot Point, de Fernando Llor e Esteban Hernández, 2021, Retranca editora[19].
- Axente X.99, de Gianni Rodari, 2021, Kalandraka.
- Máis alá e máis arriba, de José Antonio Vázquez Taín, 2021, Teófilo Edicións.
- A lectora de mentes, de César Mallorquí, 2021, Edebé-Rodeira.
- Astro-rato e Lampadiña 4. O planeta Peperete, de Fermín Solís, 2021, El Patito.
- Gobseck, de Honoré de Balzac, 2021, Hugin e Munin.
- Gatlock. A desaparición dos ratos, de Sébastien Perez (ilustr. Benjamin Lacombe), 2021, Edelvives-Tambre.
- Gatlock. As croquetas envelenadas, de Sébastien Perez (ilustr. Benjamin Lacombe), 2021, Edelvives-Tambre.
- A historia do bondadoso vello e da fermosa moza, de Italo Svevo, 2021, Hugin e Munin.
- O regreso do meu pobre tío, de Jacques-Antoine Dulaure, 2021, Hugin e Munin.
- Astro-rato e Lampadiña 5. Retorno a unha terra descoñecida, de Fermín Solís, 2021, El Patito.
- Gatlock. O roubo do colar da raíña, de Sébastien Perez (ilustr. Benjamin Lacombe), 2022, Edelvives-Tambre.
- A educación sentimental, de Gustave Flaubert, 2022, Hugin e Munin.
- Mulleres imprescindibles. Educadoras na vangarda do século XX, VV. AA., 2022, Kalandraka.
- A única, Maria Casarès, de Anne Plantagenet, 2022, Kalandraka.
- Rei, de Mónica Rodríguez, 2022, Rodeira.
- O equipo das rapazas, Pasqual Alapont, 2023, Tambre.
- Sé tartaruga, Agustín Sánchez Aguilar (ilustr. Anna Baquero), 2023, Edebé-Rodeira.
- Os cotrosos atacan de novo, de Patricia García-Rojo (ilustr. Alejandro Villén), 2023, SM Xerme.
- Un roubo moi esvaradío, de Patricia García-Rojo (ilstr. Alejandro Villén), 2023, SM Xerme.
- Os forasteiros do tempo. A aventura dos Balbuena e o último cabaleiro, de Roberto Santiago, 2023, SM Xerme.
- Comezar polo neno, de Mario Lodi, 2023, Kalandraka.
- Luceiro da mañá, de Ada Negri, 2023, Hugin e Munin.
- No camiño, de Paco Hernández e José Ángel Ares (ilustr.), 2023, Editorial Galaxia.
- El, de Louise Colet, 2023, Hugin e Munin.
- Os libros e a beleza. Somos animais poéticos, de Michèle Petit, 2024, Kalandraka.
- O faro da muller ausente, David Fernández Sifres, 2024, Tambre.
- Filipo e Leo. O enfado, de Adolfo Serra e Ester García, 2024, Tambre.
- Filipo e Leo. Unha estraña visita, de Adolfo Serra e Ester García, 2024, Tambre.
Traducións colectivas
[editar | editar a fonte]- A rosa, de Camilo José Cela, 2002, Dirección Xeral de Promoción Cultural. Con Alexandra Cabaleiro[20]
- O tolo da ría, de Juan Farias, 2005, Luis Vives. Con Xavier Senín.
- Algúns nenos, tres cans e máis cousas, de Juan Farias, 2006, Planeta. Con Xavier Senín.
- A Odisea contada aos nenos, de Rosa Navarro Durán, 2007, Rodeira. Con Xavier Senín.
- A clase, de François Bégaudeau, 2008, Xerais. Con Xavier Senín.
- A fabulosa lenda do Rei Artur, de Jordi Sierra i Fabra, 2008, Rodeira. Con Xavier Senín.
- Mal de escola, de Daniel Pennac, 2008, Xerais. Con Xavier Senín.
- Galego á beira do mar, de Juan Farias, 2008, Kalandraka[21]. Con Xavier Senín.
- O aniversario de Astérix e Obélix. O libro de ouro, Albert Uderzo, 2009, Salvat. Con Valentín Arias e Xavier Senín.
- Como caeu Obélix na marmita do druída cando era cativo, Albert Uderzo, 2009. Salvat. Con Xavier Senín.
- Locus Solus, de Raymond Roussel, 2012, Hugin e Munin. Con Xavier Senín.
- Astérix e os pictos, de Didier Conrad e Jean-Yves Ferri, 2013, Xerais. Con Xavier Senín.
- A Eva futura, de Auguste Villiers de L'Isle-Adam, 2014, Hugin e Munin. Con Xavier Senín.
- Astérix e os godos, de René Goscinny e Albert Uderzo, 2015, Xerais. Con Xavier Senín.
- Astérix gladiador, de René Goscinny e Albert Uderzo, 2015, Xerais. Con Xavier Senín.
- O papiro do César, de Didier Conrad e Jean-Yves Ferri, 2015, Xerais. Con Xavier Senín.
- A volta á Galia de Astérix, de René Goscinny e Albert Uderzo, 2016, Xerais. Con Xavier Senín.
- Astérix en Italia, de René Goscinny e Albert Uderzo, 2017, Xerais. Con Xavier Senín.[22]
- A peste, de Albert Camus, 2018, Hugin e Munin. Con Xavier Senín.
- A filla de Vercinxetórix, de Jean-Yves Ferri e Didier Conrad, 2019 Xerais. Con Xavier Senín e Alejandro Tobar.
- Morrerei outro día, de Isabelle Alonso, 2020, Hugin e Munin. Con Xabier Ron.
- Astérix e os normandos, de Jean-Yves Ferri e Didier Conrad, 2020, Xerais. Con Xavier Senín e Alejandro Tobar.
- O Menhir de Ouro, de Jean-Yves Ferri e Didier Conrad, 2020, Xerais. Con Xavier Senín e Alejandro Tobar.
- Astérix nos xogos olímpicos, de René Goscinny e Albert Uderzo, 2021, Xerais. Con Xavier Senín e Alejandro Tobar.
- Astérix e o grifón, de Jean-Yves Ferri e Didier Conrad, 2021, Xerais. Con Xavier Senín e Alejandro Tobar.
- Astérix lexionario, de René Goscinny e Albert Uderzo, 2022, Xerais. Con Xavier Senín e Alejandro Tobar.
- Astérix. O lirio branco, de Fabcaro e Didier Conrad, 2023, Xerais. Con Xavier Senín e Alejandro Tobar.
- Ideafix e os irredutibles, vol. 1. En loita contra os romanos, VV.AA., 2024, Xerais. Con Xavier Senín e Alejandro Tobar.
Traducións de literatura galega ao castelán
[editar | editar a fonte]- Querido enemigo (orix. Querido inimigo), de Agustín Fernández Paz, 2006, Edebé.
- Corredores de sombra (orix. Corredores de sombra), de Agustín Fernández Paz, 2006, SM.
- Un fantasma en el colegio (orix. Unha pantasma no colexio), de Manuel Lourenzo González, 2006, Edebé.
- Lo único que queda es el amor (orix. O único que queda é o amor), de Agustín Fernández Paz, 2007, Anaya.
- El Rayo Veloz (orix. O Raio Veloz), de Agustín Fernández Paz, 2007, Planeta & Oxford.
- La pastelería de doña Remedios (orix. A pastelaría de dona Remedios), de Agustín Fernández Paz, 2008, Edebé.
- La noche de los animales (orix. A noite dos animais), de Agustín Fernández Paz, 2009, Algar.
- Luna de Senegal (orix. Lúa do Senegal), de Agustín Fernández Paz, 2009, Anaya.
- Muros (orix. Valados), de Agustín Fernández Paz, 2010, SM.
- Corazón de piedra (orix. Corazón de pedra), de Agustín Fernández Paz, 2011, Oxford.
- Fantasmas de luz (orix. Fantasmas de luz), de Agustín Fernández Paz, 2011, Anaya.
- Sari, soñador de mares (orix. Sari, soñador de mares), de Marcos Calveiro, 2012, Edelvives.
- Las fronteras del miedo (orix. As fronteiras do medo), de Agustín Fernández Paz, 2012, Edebé.
- Extraño (orix. Raro), de Marcos Calveiro, 2013, Edelvives.
- Soy un perro (orix. Son un can), de Xabier López López, 2013, Edebé.
- El niño perro (orix. O neno can), de Fina Casalderrey e Francisco Castro, 2013, Pearson.
- Las flores radiactivas (orix. As flores radiactivas), de Agustín Fernández Paz, 2013, Anaya.
- Desde una estrella distante (orix. Desde unha estrela distante), de Agustín Fernández Paz, 2013, Edebé.
- Matarte lentamente (orix. Matarte lentamente), de Diego Ameixeiras, 2015, Akal.
- Amistades secretas (orix. Amizades secretas), de Agustín Fernández Paz, 2015, Edebé.
- La casa del miedo (orix. A casa do medo), de Agustín Fernández Paz, 2016, Edebé.
- La nieve interminable (orix. A neve interminable), de Agustín Fernández Paz, 2016, Edebé.
- La casa del nazi (orix. Izan o da saca), de Xabier Quiroga, 2017, Ediciones B.
- Conduce rápido (orix. Conduce rápido), de Diego Ameixeiras, 2017, Akal.
- El secreto de Isla Negra (orix. O segredo da Illa Negra), 2017, Anaya.
- Pablo y las palomas (orix. Pablo e as pombas), de Marcos Calveiro, 2019, Edelvives.
- La noche del Caimán (orix. A noite enriba), de Diego Ameixeiras, 2020, Fondo de Cultura Económica.
- El viaje de Gagarin (orix. A viaxe de Gagarin), de Agustín Fernández Paz, 2021, Kalandraka.
Edicións
[editar | editar a fonte]- Obra narrativa en galego de Heraclio Pérez Placer, 1998, Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
- O rastro que deixamos, de Agustín Fernández Paz, Xerais, 2012.
- Un mundo de palabras, de Agustín Fernández Paz, Xerais, 2017.
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- A nosa literatura infantil e xuvenil 2000, 2002, Gálix/Xunta de Galicia.
- Multiculturalismo e identidades permeábeis na literatura infantil e xuvenil, 2006, Xerais. Con Blanca-Ana Roig e Pedro Lucas.
- Teatro infantil. Do texto á representación, 2007, Xerais. Con Pedro Lucas e Blanca-Ana Roig.
- A Guerra Civil española na narrativa infantil e xuvenil, 2008, Xerais. Con Blanca-Ana Roig e Pedro Lucas.
- A poesía infantil no século XXI (2000-2008). 2009, Xerais. Con Blanca-Ana Roig e Marta Neira Rodríguez.
- Reescrituras do conto popular (2000-2009), 2010, Xerais. Con Marta Neira Rodríguez e Blanca-Ana Roig.
- O Álbum na Literatura Infantil e Xuvenil (2000-2010), 2011, Xerais. Con Marta Neira Rodríguez e Blanca-Ana Roig.
- A narrativa xuvenil a debate (2000-2011), 2012, Xerais. Con Blanca-Ana Roig e Marta Neira.
- Premios Literarios e de ilustración na LIX, 2013, Xerais. Con Blanca-Ana Roig e Marta Neira.
- Inmigración/Emigración na LIX, 2014, Xerais. Con Blanca-Ana Roig e Marta Neira.
- Historia da Literatura Infantil e Xuvenil Galega, 2015, Xerais.
- Reflexos das dúas guerras mundiais na LIX, 2016, Xerais. Con Blanca-Ana Roig e Marta Neira.
- As mulleres como axentes literarios na LIX do século XXI (2018), Xerais. Coord. con Blanca-Ana Roig e Marta Neira Rodríguez.
- Imaxes nenez-vellez na LIX (2019), Xerais. Coord. con Blanca-Ana Roig e Marta Neira Rodríguez.
- Camiño e peregrinacións na LIX (Compostela no horizonte) (2018), Xerais. Coord. con Blanca-Ana Roig e Marta Neira Rodríguez.
- A morte e as súas representacións na LIX ibérica e hispanoamericana (2021), Xerais. Coord. con Blanca-Ana Roig e Marta Neira Rodríguez.
Premios
[editar | editar a fonte]- A tradución da obra A odisea contada aos nenos foi distinguida co Premio Lois Tobío da Asociación Galega de Editores de 2008[23].
- Premio Fervenzas Literarias ao mellor libro traducido de Literatura infantil e xuvenil de 2015, por O papiro do César.
- Premio Plácido Castro de Tradución na súa XVI edición (2016) por Fosca[24].
- Premio Fervenzas Literarias ao mellor libro traducido para público adulto de 2017, por Thérèse Raquin, de Émile Zola.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ficha de Obra Narrativa en galego de Heraclio Pérez Placer Arquivado 15 de outubro de 2017 en Wayback Machine., no CRPIH.
- ↑ Agustín Fernández Paz: procesos de reescrita.
- ↑ Capítulo publicado como parte do libro A mémoria nos livros: história e histórias (Porto, Deriva editores, 2009, pp. 113-121) (en portugués).
- ↑ Publicado en Agustín Fernández Paz. Na casa da esperanza (Fundación Otero Pedrayo, 2014).
- ↑ Publicado na revista Lazarillo, nº 36, 2016, pp. 90-97 (en castelán).
- ↑ Publicado en Sarmiento. Anuario galego da historia da educación, nº 20.
- ↑ Golfiño e os invasores, o agardado regreso dun clásico da BD galega Arquivado 15 de outubro de 2017 en Wayback Machine., artigo de Fran P. Lorenzo para El Correo Gallego o 16 de xuño de 2011.
- ↑ Ficha da revista en Tebeosfera (en castelán).
- ↑ CV de Marta Neira Arquivado 15 de outubro de 2017 en Wayback Machine., p. 14.
- ↑ Actas do Congreso IBBY Arquivado 27 de novembro de 2013 en Wayback Machine., p. 5
- ↑ Ficha do persoeiro en IMDb (en inglés).
- ↑ Ficha da autora en Dialnet (en castelán).
- ↑ Obras de Soto López, Isabel na Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes (en castelán).
- ↑ Astérix volverá falar galego da man de Xerais, nova en Praza Pública o 23 de agosto de 2013.
- ↑ Ficha catalográfica da obra, Proxecto Meiga.
- ↑ Isto non é un conto Arquivado 21 de outubro de 2017 en Wayback Machine. en formato PDF.
- ↑ Ficha na AELG.
- ↑ Ficha Arquivado 31 de maio de 2020 en Wayback Machine. na web da editorial.
- ↑ “Plot Point” el cómic de comedia e intriga donde una guionista crea el atraco perfecto, Elespanol.com, 22 de marzo de 2021 (en castelán).
- ↑ Ficha da obra na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.
- ↑ Ficha Arquivado 24 de setembro de 2019 en Wayback Machine. na web da editorial.
- ↑ Ficha da obra Arquivado 23 de outubro de 2017 en Wayback Machine. na páxina da editorial.
- ↑ Informe de Literatura 2008 no CIRP, páxina 1535. Extracto da recensión de Paula Fdez. “Desde A Odisea”, Faro de Vigo, “Faro da Cultura”, n.º 231, “Infantil/Xuvenil”, 10 xaneiro 2008, p. VII.
- ↑ A viguesa Isabel Soto foi a gañadora da XVIª edición do Premio Plácido Castro de Tradución pola obra Fosca de Iginio Ugo Tarchetti. Arquivado 10 de abril de 2019 en Wayback Machine., nova en XornaldeGalicia o 29 de xuño de 2017.