Hemoptise
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
Hemoptise é o termo médico empregado para describir a expectoración de esputo hemático, isto é, de sangue fresco, que ten coma orixe o aparello respiratorio. A súa intensidade pode abranguer dende moi discreta, pequenos filamentos de sangue, até formas severas con sangue fresca denominada hemoptise franca. A hemoptise masiva é a forma de presentación máis grave.
A hemoptise refírese só ao sangue expulsado pola boca que provén do aparello respiratorio. O sangue que ten coma orixe o aparello dixestivo alto (vómitos sanguentos) coñécese co nome de hematámese.[1]
Na hemoptise, o sangue é de cor brillante, escumosa ou en forma de coágulos, a diferenza da hematámese, onde o sangue é de cor marrón, semellando á borra do café, e que pode conter restos de alimentos, xa que a orixe é o aparello gastrointestinal. Outra diferenza entre a hematámese e a hemoptise é o pH: é alcalino ou básico na hemoptise e ácido na hematamese.
Clasificación segundo a gravidade
[editar | editar a fonte]A hemoptise pódese clasificar segundo a súa gravidada en leve, moderada, severa ou masiva. Dita clasificación baséase no volume en mililitros de sangue perdida ao día.
- Leve: menos de 30 ml/día
- Moderada: de 30 a 200 ml/día
- Severa: de 200 a 600 ml/día
- Masiva: máis de 600 ml/día[2]
Causas
[editar | editar a fonte]Existen numerosas causas de hemoptise, sendo a bronquite e a pneumonía as causas máis habituais, malia non as únicas. En pacientes fumadores, a hemoptise persistente pode ser un síntoma frecuente.
As principais causas de expulsión de sangue procedente do aparello respiratorio son:
- Cancro de pulmón, tanto os carcinomas pulmonares de célula pequena como de non-célula pequena..[3][4]
- Sarcoidose[5]
- Aspexiloma
- Tuberculose[6]
- Histoplasmose[7]
- Pneumonía
- Edema pulonar
- Inxestión de corpo estraño e pneumonía por aspiración
- Síndrome de Goodpasture
- Granulomatose de Wegener[8]
- Bronquite[9]
- Bronquiectasias[9]
- Embolia pulmonar[10]
- Terapia con anticoagulantes[10]
- Traumatismo[10]
- Absceso pulmonar[10]
- Estenose mitral
- Eosinofilia tropical
- De causa medicamentosa
- Trastornos da coagulación sanguínea
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Diccionario da Real Academia Galega (ed.). "Hemoptise". Arquivado dende o orixinal o 22 de xullo de 2013. Consultado o 10 de novembro de 2014.
- ↑ Prieto Sánchez, Luz Marina. Clínica San Pedro Claver ISS - Departamento de Clínicas Médicas, ed. "Hemoptise". Arquivado dende o orixinal o 28 de xullo de 2014. Consultado o 10 de novembro de 2014.
- ↑ Google Health – Google
- ↑ Google Health – Google
- ↑ "Sarcoidosis Signs & Symptoms - Sarcoidosis - HealthCommunities.com". Arquivado dende o orixinal o 21 de febreiro de 2009. Consultado o 10 de novembro de 2014.
- ↑ Google Health – Google
- ↑ Histoplasmosis Symptoms - Diseases and Conditions - Mayo Clinic
- ↑ Wegener's granulomatosis Symptoms - Diseases and Conditions - Mayo Clinic
- ↑ 9,0 9,1 "Hemoptysis Causes - Hemoptysis - HealthCommunities.com". Arquivado dende o orixinal o 23 de xaneiro de 2009. Consultado o 10 de novembro de 2014.
- ↑ 10,0 10,1 10,2 10,3 "Other Causes of Hemoptysis - Hemoptysis - HealthCommunities.com". Arquivado dende o orixinal o 08 de xuño de 2009. Consultado o 10 de novembro de 2014.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Hemoptise en MedlinePlus (en inglés).