Omega (satélites)
Aparencia
(Redirección desde «Kosmos 23»)
Omega foi unha serie de dous satélites artificiais soviéticos lanzados en 1963.[1][2]
Características
[editar | editar a fonte]Os dous satélites Omega foron demostradores tecnolóxicos para desenvolver a tecnoloxía necesaria para o programa de satélites meteorolóxicos Meteor 1. Os dous satélites tiñan unha masa de 300 kg, estabilizábanse nos tres eixos e alimentábanse mediante dous paneis solares. Probaron tamén sistemas de protección térmicos. Omega 1 (Kosmos 14) foi lanzado o 13 de abril de 1964, mentres que Omega 2 (Kosmos 23) o foi o 13 de decembro dese mesmo ano. Os dous usaron foguetes Kosmos 63S1 para chegar a órbita desde a base de Kapustin Yar.[1][2]
Historial de lanzamentos
[editar | editar a fonte]Misión[1][2] | Data de lanzamento[1][2] | Foguete lanzador[1][2] | Notas[1][2] |
---|---|---|---|
Omega 1 | 13 de abril de 1963 | Kosmos 63S1 | Éxito |
Omega 1 | 13 de decembro de 1963 | Kosmos 63S1 | Éxito |