August Kekulé
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2015.) |
Friedrich August Kekulé von Stradonitz, nado en Darmstadt o 7 de setembro de 1829 e morto en Bonn o 13 de xullo de 1896, foi un químico orgánico alemán.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Formulou a hipótese de que a molécula de benceno (C6H6, un hidrocarburo aromático) tiña unha estrutura cíclica, onde seis átomos de carbono forman un hexágono e no que en cada un dos vértices está unido un átomo de hidróxeno. A lenda di que chegou á comprensión estrutural do benceno mentres durmía, soñando cun uróboros, unha serpe que se mordía a cola[1].
Postulados
[editar | editar a fonte]- Véxase tamén: Carbono.
En 1857 Kekulé determinou as características fundamentais do átomo de carbono nos compostos mediante catro postulados:
- 1º Postulado: Tetracovalencia constante.
Nos compostos orgánicos, o carbono é sempre tetracovalente, exercendo 4 unións, podendo esas unións seren representadas por pares electrónicos.
- 2º Postulado - As catro valencias do carbono son iguais.
Ese postulado explica por que existe un só clorometano (H3CCl), pois, calquera que sexa a valencia que o carbono cambie co cloro, ou calquera que sexa a posición do cloro, obtense un só composto. Calquera desas estruturas, independentemente da posición do cloro, recibirá o nome de clorometano.
- 3º Postulado – Encadeamento constante.
Os átomos de carbono poden unirse entre si formando cadeas carbónicas.
- 4º Postulado - Unións entre átomos de carbono.
Os átomos de carbono pódense ligar por unha, dúas ou até tres valencias.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 10 de marzo de 2016. Consultado o 10 de marzo de 2016.