Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Fedón de Elis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaFedón de Elis
Nome orixinal(grc) Φαίδων Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoséculo V a. C. Editar o valor en Wikidata
Élida, Grecia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morteséculo IV a. C. Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFilosofía Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónfilósofo Editar o valor en Wikidata
MovementoEscola de Erétria (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
ProfesoresSócrates Editar o valor en Wikidata
AlumnosMenêdemo (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Influencias

Descrito pola fonteNordisk familjebok
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata

Fedón (en latín Phaedon, en grego antigo Φαίδων) foi un filósofo grego natural de Elis, dunha familia nobre.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Foi feito prisioneiro na súa mocidade (na guerra entre Esparta e Elis ao redor do -401 ou -400 ) e foi comprado por un comerciante de escravos ateniense que o quería como amante, xa que era un mozo de notábel beleza. Escapou cando puido e púxose a servir a Sócrates, a quen coñecera, e un amigo de Alcibíades e de Critón finalmente pagou o seu rescate. Este amigo probabelmente fose Cebes, quen instruíu ao mozo en filosofía.

A partir dun diálogo que leva o seu nome suponse que Fedón estivo presente na morte de Sócrates e aínda era bastante novo, xa que tiña o pelo longo, que segundo o costume no Peloponeso se cortaba aos 18 anos. Tamén se fixo amigo de Platón.

Tras a morte de Sócrates viviu un tempo en Atenas e despois regresou a Elis onde fundou unha escola de filosofía na que tivo, entre outros discípulos, a Mosco e a Anquipilo; Sucedeuno á fronte da escola Pleistano, despois do cal a escola eleática se uniu a Menedemo de Eretria e a Asclepíades de Fliúnte, que se separaran da escola de Estilpón. Fundou a escola chamada primeiro da Élide, e despois dos eretrios, xa que se trasladou a Eretria.

Dado que non se conservan os seus escritos, non se determinou como era a súa filosofía, pero tivo certa repercusión na súa época. Dióxenes Laercio menciona algunhas das súas obras, pero son dubidosas:

  • Νικίας
  • Μήδιος
  • Αντίμαχος ἢπρεσβίται
  • Σκυθικοὶ λόγοι[1]

Suídas menciona:

  • Σιμμίας
  • Αλκιβιάδης
  • Κριτόλαος[2]
  1. Dióxenes Laercio. περὶ βίων, δογμάτων καὶ ἀποφθεγμάτων τῶν ἐν φιλοσοφία εὐδοκιμησάντων (Sobre as vidas, as opinións e as sentenzas dos filósofos ilustres) II, 105
  2. Suídas. Φαίδων