Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Fonte do Tritón

Fonte do Tritón

A Fonte do Tritón é unha fonte de Roma obra de Bernini realizada en 1642-1643, está na praza Barberini cerca da entrada do Palacio Barberini. Foi a primeira fonte que realizou Bernini en Roma, por encargo do papa Urbano VIII e aínda ten grande influencia das fontes florentinas. A fonte forma un conxunto escultórico amosando catro golfiños, heraldos da magnificiencia, que sosteñen unha vieira sobre a que emerxe un enorme tritón que sopra nunha cuncha.