Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A Eurocopa de Fútbol de 1960, chamada por aquel entón Copa Europea de Nacións, foi a primeira edición do torneo. A fase final disputouse en Francia. A URSS fíxose có trofeo, vencendo á Iugoslavia no tempo engadido por 2-1.
Nas clasificatorias participaron dezasete equipos, con notables ausencias coma a Alemaña ou a Italia.
Os equipos xogaban eliminatorias a dobre partido (en casa e fóra), ata as semifinais e final que era a partido único. Estes últimos encontros disputáronse en Francia.
A Selección Española rexeitou viaxar á URSS para xogar a correspondente eliminatoria, así que foi descalificada do torneo. Así para as finais quedaron a URSS, a Iugoslavia, a Checoslovaquia e a Francia. A URSS enfrontouse á Checoslovaquia na semifinal en Marsella vencendo por 3-0, namentres que Iugoslavia derrotou á Francia por 5-4. No encontro polo terceiro posto Checoslovaquia obtivo a vitoria por 2-0.
Na final, Iugoslavia adiantouse no marcador pero a URSS, liderada polo lendario porteiro Lev Yashin empatou no minuto 49. Os encontro rematou con resultado de emptate a 1, polo que se tivo de xoga-la prórroga, na que un gol de Viktor Ponedelnik lle deu á URSS o gol que lles fixo levarse o título de campión. Resultado final: 2-1.
Lugar: Parc Des Princes, París
Asistencia: 17,966
Campións da Eurocopa 1960:
URSS Primeiro título
|
2 Goles: François Heutte (Francia), Valentin Ivanov (URSS), Viktor Ponedelnik (URSS), Milan Galić (Iugoslavia), Dražen Jerković (Iugoslavia)
11 minutos: Milan Galić (Iugoslavia vs Francia)
4.25 por encontro