Década de 270
Aparencia
Primeiro milenio | |||||
Século III | |||||
| |||||
|
270
- Artigo principal: 270.
- Agosto - Morre Claudio II, enfermo da peste, en Sirmium, Panonia.
- Outubro - O fillo de Claudio, Quintilo, que asumira o poder é asasinado.
- Aureliano convértese no novo emperador romano, sucedendo a Claudio II.
- A presión dos distintos pobos bárbaros obrigan ao Imperio romano a abandonar a provincia da Dacia en Oriente; polas mesmas razóns abandónase, en Occidente, Utrecht.
271
- Artigo principal: 271.
- Xaneiro - Os alamáns vencen as tropas do emperador Aureliano en Piacenza.
- Os romanos forzan os godos a retirarse para aló da marxe esquerda do río Danubio.
Ciencia e tecnoloxía
272
- Artigo principal: 272.
Asia
- Hormizd I ascende ao trono persa sucedendo a Sapor I (até 273).
- O emperador romano, Aureliano, somete ao reino de Palmira, en Oriente Próximo. A raíña Cenobia intenta fuxir, mais é capturada e levada a Roma.
273
- Artigo principal: 273.
Asia
Europa
- Tras a revolta de Antíoco en Palmira, o emperador romano, Aureliano, ataca de novo o reino arrasando a capital homónima.
- O emperador romano Aureliano ataca o Imperio da Galia, que pervive con divisións internas, so o mandato de Tétrico I. Aureliano logra facerse co dominio do territorio, mentres Tétrico e mais o seu fillo foxen para Tréveris, onde no ano seguinte entregaranse ao emperador.
- Unha embaixada procedente da India visita ao emperador romano.
274
- Artigo principal: 274.
- Tétrico I, até aí emperador da Galia, xunto con seu fillo Tétrico II, entrégase en Tréveris a Aureliano, emperador romano.
- Despois das súas vitorias en Palmira e na Galia, nos anos 272 e 273, o emperador Aureliano entra triunfalmente en Roma, con Cenobia, Tétrico I e Tétrico II como reféns. Restabelecida a unidade imperial . O Senado noméao Restitutor Orbis, e a súa esposa Ulpia Severa concédelle o título de Augusta e Mater Castrorum.
- O emperador romano é declarado Dominus et Deus "Señor e Deus". O seu culto é asimilado ao do Sol Invictus, que se oficializa como estatal.
275
- Artigo principal: 275.
- 4 de xaneiro - Eutiquiano é o novo bispo romano e papa, sucedendo a San Fiz, morto o ano anterior.
- 25 de setembro - O emperador Marco Claudio Tácito sucede a Aureliano, logo de varios meses de interregno, no trono de Roma (até 276).
276
- Artigo principal: 276.
Asia
Mundo Mediterráneo
- Probo convértese en emperador romano (até 282).
- Pobos xermanos invaden a Península Ibérica.
- Remata a construción da muralla romana de Lugo, na Gallaecia.
277
- Artigo principal: 277.
- O emperador romano Probo expulsa os francos e máis os alamáns da Galia e reorganiza as defensas imperiais ao longo do río Rin.
278
- Artigo principal: 278.
279
- Artigo principal: 279.