Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Gran Premio de Europa de 2016

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Competición deportivaGran Premio de Europa de 2016
Imaxe
Nome oficial2016 Formula 1 Grand Prix of Europe Editar o valor en Wikidata
TipoGran Premio de Europa Editar o valor en Wikidata
Deporteautomobilismo Editar o valor en Wikidata
Parte deCampionato Mundial de Fórmula 1 de 2016 Editar o valor en Wikidata
Distancia do evento51 Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
LocalizaciónCircuíto urbano de Bakú (Bakú) 40°22′N 49°51′L / 40.37, 49.85 Editar o valor en Wikidata
Lonxitude6,003 km Editar o valor en Wikidata
PaísAcerbaixán Editar o valor en Wikidata
Data19 de xuño de 2016 Editar o valor en Wikidata
Competición
Primeiro postoNico Rosberg Editar o valor en Wikidata
Pole positionNico Rosberg Editar o valor en Wikidata
Volta máis rápidaNico Rosberg Editar o valor en Wikidata

O Gran Premio de Europa 2016 (oficialmente 2016 Formula One Grand Prix of Europe)[1] foi a oitava carreira da tempada 2016. Celebrouse o 19 de xuño de 2016 no Circuíto urbano de Bakú en Bakú, Acerbaixán.[2] Foi o vixésimo terceiro Gran Premio de Europa como unha rolda do Campionato Mundial de fórmula 1. foi a primeira vez que a carreira se celebrou no circuíto e a primeira vez que un Gran Premio se celebrou en Acerbaixán.

Antecedentes

[editar | editar a fonte]

Preparativos

[editar | editar a fonte]

A raíz da carreira de 2012, o Gran Premio de Europa en Valencia cesou. Co Gran Premio de Corea cubrindo o incumprimento de contrato, Bernie Ecclestone titular dos dereitos comerciais do deporte, buscou unha carreira para substituílo,[3][4] Logo de explorar a posibilidade de revivir o Gran Premio de Europa en 2015, a carreira incluíuse no calendario de 2016.

Pneumáticos

[editar | editar a fonte]

Logo de proporcionar aos equipos o composto ultrabrando para Mónaco e Canadá,[5] o fornecedor de pneumáticos Pirelli trouxo os compostos superbrando, brando e medio para a carreira, a pesar de que o composto ultrabrando está deseñado especificamente para circuítos urbanos.[6] Pirelli explicou a decisión de non proporcionar os pneumáticos ultrabrandos como consecuencia da falta de datos de rendemento dispoñibles no circuíto.[7] Pirelli fixo previamente unha elección de pneumáticos conservadora similar para as primeiras carreiras noutros circuítos.

Carreiras de apoio

[editar | editar a fonte]

O circuíto tamén será sede da terceira rolda do campionato das GP2 Series de 2016 como unha carreira de apoio.[8]

Controversia

[editar | editar a fonte]

Tralo anuncio inicial da súa reactivación, a carreira foi obxecto de críticas poloa falta de dereitos humanos en Acerbaixán, xa que a carreira se estableceu co apoio financeiro do goberno de Acerbaixán[9], as mesmas críticas que se fixeron na preparación para o Gran Premio de Rusia de 2014 que tamén se estableceu co apoio do goberno e polas acusacións da participación rusa no derribo do Voo 17 de Malaysia Airlines sobre Ucraína.[10] En resposta, os directores de equipo de Red Bull Racing e Mercedes, Christian Horner e Toto Wolff trataron de distanciar o deporte das cuestións políticas.[11]

A carreira, programada para o 19 de xuño, coincidía coa conclusión da 24 Horas de Le Mans de 2016.[12] O piloto de Force India Nico Hülkenberg, que gañou a carreira de 2015 con Porsche, non podería volver e defender o seu título, polo que acusou a Fórmula One Management de programar deliberadamente a carreira en conflito con Le Mans e impedir participar aos pilotos de Fórmula Un.[13]

Clasificacións

[editar | editar a fonte]

Posicións logo da carreira

[editar | editar a fonte]
  • Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
  1. "2016 Formula One Grand Prix of Europe". formula1.com (Formula One Management). Consultado o 14 de maio de 2016. 
  2. "FIA confirms 2016 calendar". formula1.com. Formula One Management. 2 de decembro de 2015. Consultado o 14 de maio de 2016. 
  3. Sylt, Christian. "Exclusive: Korean GP dropped to make way for race in Azerbaijan". www.independent.co.uk. The Independent. Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 15 de maio de 2016. 
  4. "Formula 1 – Azerbaijan Grand Prix debut delayed until 2016". uk.eurosport.yahoo.com. Reuters. Consultado o 14 de maio de 2016. 
  5. "Ultrasoft tyres to debut in Monaco". formula1.com (Formula One Administration). 24 de marzo de 2016. Consultado o 17 de maio de 2016. 
  6. Parkes, Ian (3 de marzo de 2016). "Pirelli will not take ultra-soft tyres to inaugural Azerbaijan race". autosport.com (Haymarket Publications). Consultado o 17 de maio de 2016. 
  7. Saunders, Nate (7 de marzo de 2016). "No ultra-soft tyre in Baku due to lack of data". ESPN F1 (ESPN). Consultado o 17 de maio de 2016. 
  8. "GP2 Series 2016 season calendar confirmed". gp2series.com (GP2 Motorsport Limited). 4 de marzo de 2016. Arquivado dende o orixinal o 13 de maio de 2016. Consultado o 14 de maio de 2016. 
  9. Collantine, Keith (25 de xullo de 2014). "Unhappy Horner hits out at 'negative focus'". F1 Fanatic (Keith Collantine). Arquivado dende o orixinal o 24 de maio de 2015. Consultado o 14 de maio de 2016. 
  10. Collantine, Keith (10 de setembro der 2014). "Sirotkin to make F1 practice debut in Russia". Arquivado dende o orixinal o 23 de xullo de 2015. Consultado o 14 de maio de 2016. 
  11. Baldwin, Alan (22 de agosto de 2014). "F1 has "no argument" with Russia says Ecclestone". reuters.com (Reuters). Arquivado dende o orixinal o 14 de outubro de 2015. Consultado o 16 de maio de 2016. 
  12. "2016 FIA WEC Calendar Announced, Mexico Race Added". DailySportsCar. 19 de setembro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 21 de maio de 2017. Consultado o 15 de maio de 2016. 
  13. Collantine, Keith (2 de febreiro de 2016). "No wonder FOM arranged Baku to clash with Le Mans". F1 Fanatic (Keith Collantine). Consultado o 16 de maio de 2016. 
  14. Sergio Pérez recibiu unha penalización de cinco posicións na grella de saída por cambiar a caixa de cambios.
  15. "2016 Formula 1 Grand Prix of Europe - Qualifying". formula1.com. Formula One World Championship Limited. 18 de xuño de 2016. Arquivado dende o orixinal o 18 de xuño de 2016. Consultado o 18 de xuño de 2016. 


Carreira anterior:
Gran Premio do Canadá de 2016
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 2016
Carreira seguinte:
Gran Premio de Austria de 2016
Carreira anterior:
Gran Premio de Europa de 2012
Gran Premio de Europa Carreira seguinte:
Gran Premio de Europa de 2017