BM Ciudad Real
Balonmano Ciudad Real | |||
---|---|---|---|
Os xogadores e o adestrador, Talant Dujshebaev, durante un tempo morto nun partido. | |||
Nome completo | Agrupación Deportiva Cultural Ciudad Real | ||
Cidade | Cidade Real, España | ||
Historia | 1981-2011 | ||
Fundado | 1981 | ||
Disolto | 2011 | ||
Pavillón | Quijote Arena (5 863 espectadores) | ||
Presidente | Domingo Díaz de Mera | ||
Adestrador | Talant Dujshebaev | ||
Títulos | |||
Copa de Europa | 2005-06, 2007-08 e 2008-09 | ||
Supercopa de Europa | 2005-06, 2006-07 e 2008-09 | ||
Recopa de Europa | 2001-02 e 2002-03 | ||
Liga ASOBAL | 2003-04, 2006-07, 2007-08, 2008-09 e 2009-10 | ||
Copa do Rei | 2002-03 e 2007-08 | ||
Copa ASOBAL | 2003-04, 2004-05, 2005-06, 2006-07 e 2007-08 | ||
Supercopa de España | 2004-05, 2007-08 e 2010-11 | ||
Mundial de Clubs | 2006-07 e 2009-10 | ||
Cores | Negro e branco | ||
Na rede | |||
http://www.bmciudadreal.es | |||
O Club Balonmano Ciudad Real foi un equipo de balonmán da cidade de Cidade Real, Castela-A Mancha (España). As súas orixes remóntanse ao ano 1981, e constituíuse formalmente en 1983 co nome de Agrupación Deportiva Cultural Caserío Vigón. Foi un dos clubs máis laureados de España e de Europa. Debido á falta de apoios institucionais e de afeccionados, o equipo trasladouse a Madrid co nome de Club Balonmano Atlético de Madrid en 2011. Dende 2003 ata o seu traslado á capital española o club xogou no Quijote Arena, un pavillón con capacidade para 5 863 espectadores.
A nivel nacional participou na Liga ASOBAL (nome que recibe a máxima categoría do balonmán español) durante 19 tempadas consecutivas, dende o seu ascenso na tempada 1992-93 ata a súa desaparición logo da tempada 2010-11. Ao longo da súa historia gañou o título de liga en cinco ocasións (2003-04, 2006-07, 2007-08, 2008-09 e 2009-10). Ademais adxudicouse outros títulos nacionais como as súas dúas Copas do Rei (2002-03 e 2007-08), cinco Copas ASOBAL (2003-04, 2004-05, 2005-06, 2006-07 e 2007-08) e tres Supercopa de España (2004-05, 2007-08 e 2010-11). A nivel internacional conquistou en tres ocasións a máxima competición europea de balonmán entre clubs, a Liga de Campións, así como dúas Recopas de Europa e tres Supercopas de Europa, ou os dous títulos do Campionato Mundial de Clubs.
Historia
[editar | editar a fonte]Antecedentes
[editar | editar a fonte]As orixes do club remóntanse á tempada 1980-81 cando a base e a canteira do Colegio Ntra. Sra. del Prado (Marianistas) procuraba axudas para as súas actividades deportivas arredor do balonmán, converténdose no principal foco de desenvolvemento co balonmán en Cidade Real. Nesa época, a empresa Espumosos Vigón colaborou con material deportivo ao colexio, que participaba baixo o nome de CB Prado. Nas tempadas 1981-82 e 1982-83 mantívose a colaboración de xeito similar, obtendo os títulos de campións provinciais xuvenís. Deste xeito iniciouse a relación que levou á creación do club e a participar na categoría sénior.
O 2 de xullo de 1983 fundouse a Agrupación Deportiva Cultural Caserio Vigón logo de aprobar a súa inscrición no rexistro, que albergaba varias seccións deportivas. É xa que logo, a tempada 1983-84 a oficial na que se inicia a historia do club, que na categoría sénior conseguiu o campionato provincial e o ascenso a Terceira División.
Ascenso e consolidación na División de Honra (1983-1998)
[editar | editar a fonte]Logo de tres intentos consecutivos de ascenso infrutuosos nos anos 1989, 1990 e 1991, na tempada 1991-92 chegaba o ansiado ascenso á División de Honra na fase de ascenso celebrada ese ano na cidade manchega. Este foi un momento de ouro na historia do club, o punto de partida dos éxitos posteriores. Miguel Cobo Serrano presidiu o club dende a súa fundación ata a tempada do ascenso.
O período entre 1993 e 1998 foi unha etapa de altos e baixos ata que o club conseguiu a súa consolidación entre os mellores. O trauma do descenso na primeira tempada do club na ASOBAL (1992-93) superouse coa recuperación do dereito deportivo a participar, ante as dificultades que non puideron superar outros clubs. A necesidade de novos trocos para adaptarse ás exixencias da elite motivou un novo deseño na estrutura do club que, como primeiro paso, supuxo o troco do seu nome á nova denominación A.D.C. BM. Ciudad Real o 14 de xuño de 1993 baixo a presidencia de Felipe Caballero. Reiniciouse así, coa nova denominación, e o patrocinio de Seguros Solís, o retorno á Liga ASOBAL, categoría na que participa dende aquela.
Na tempada 1994-95 o equipo clasificouse por primeira vez para disputar a Copa do Rei, na tempada seguinte (1995-96) clasificouse para xogar a Copa ASOBAL e na tempada 1998-99 chegou a súa primeira clasificación para xogar nunha competición europea, a City Cup logo de finalizar a liga na cuarta posición e culminaba o proceso de City-Cup foi a antesala do gran cambio que se anunciaba para o club.
A época dourada
[editar | editar a fonte]Coa chegada á presidencia de Domingo Díaz de Mera acelérase e afiánzase o proxecto, abrindo a vía cara aos éxitos deportivos. Unha reorganización interna do club na dobre orientación organizativa e deportiva acelérase con novas incorporacións que fortalecen ámbalas dúas facetas e incorporáronse expertos en xestión deportiva, ademais de que os patrocinadores permitiron intensificar os esforzos para que o club puidera fichar a xogadores de primeiro nivel.
A modernización do club levou ao equipo ao plano internacional, presentándose con solvencia ás competicións europeas. Construíuse un equipo con perspectiva de futuro ao tempo que se axusta á exixencia do grupo feito para gañar en tódalas competicións.
É na tempada 2001-02 cando o equipo consegue o seu primeiro título, a Recopa de Europa, que abriu o camiño a tódolos títulos posibles, tanto a nivel estatal como internacional, así como abría a porta a participación noutras competicións.
Na tempada 2003-04 inaugurouse o Quixote Arena, o que evidencia o crecemento e a consolidación do club. Ese mesmo ano o equipo conquista a súa primeira Liga e o dereito a competir na Liga de Campións, a máxima competición europea e que gañaría por primeira vez na tempada 2005-06.
A sucesión de éxitos deportivos nos inicios do S. XXI supúxolle a consideración de mellor club de Europa na clasificación de resultados deportivos pola revista Handball Woche, a máis prestixiosa do balonmán europeo, en varias tempadas.
Na tempada 2007-08 chegou a consagración definitiva do club manchego coa consecución dos cinco títulos (Liga, Copa do Rei, Copa ASOBAL, Supercopa de España e Copa de Europa). O equipo conseguiu nunha década tres Copas de Europa (dúas de xeito consecutivo), e tres ligas consecutivas, ademais das tres Supercopas de Europa.
2010, o ano da liga perfecta
[editar | editar a fonte]A tempada 2009-10 é coñecida polos seareiros como a da Liga perfecta., xa que o equipo de Cidade Real conseguiu pechar a tempada con 60 puntos en 30 xornadas sen ningunha derrota nin ningún empate para conseguir a súa quinta Liga (cuarta consecutiva) e gañando o seu segundo Campionato Mundial de Clubs en Qatar.
Palmarés
[editar | editar a fonte]- Liga ASOBAL: 5 títulos
- Campión: 2003-04, 2006-07, 2007-08, 2008-09 e 2009-10
- Subcampión: 2002-03, 2004-05 e 2005-06
- Copa do Rei: 2 títulos
- Campión: 2002-03 e 2007-08
- Subcampión: 2000-01, 2003-04, 2005-06 e 2008-09
- Supercopa de España: 3 títulos
- Campión: 2004-05, 2007-08 e 2010-11
- Subcampión: 2003-04, 2008-09 e 2009-10
- Copa ASOBAL: 5 títulos
- Campión: 2003-04, 2004-05, 2005-06, 2006-07 e 2007-08
- Subcampión: 2009-10
- Copa de Europa: 3 títulos
- Campión: 2005-06, 2007-08 e 2008-09
- Subcampión: 2004-05 e 2010-11
- Recopa de Europa: 2 títulos
- Campión: 2001-02 e 2002-03
- Supercopa de Europa: 3 títulos
- Campión: 2005-06, 2006-07 e 2008-09
- Subcampión: 1998-99
- Campionatos Mundiais de Clubs: 2 títulos
- Campión: 2006-07 e 2009-10
Pavillón
[editar | editar a fonte]Dende 2003, o BM Ciudad Real xogou os seus partidos como local no Quijote Arena, un pavillón construído polo Concello de Cidade Real. A moderna instalación, con capacidade para case 6 000 persoas, foi o única de España construído expresamente para xogar ao balonmán. O ano do traslado do equipo a Madrid foi empregado unicamente para adestramentos do Atlético de Madrid e partidos de categorías inferiores.[1]
Cadro de xogadores 2010-2011
[editar | editar a fonte]- Adestrador
- Talant Dujshebaev
- Raúl González Gutiérrez
Xogadores históricos
[editar | editar a fonte]- Anos 90': Mikel Rekondo, Miladin Ostojic, Jorge Fernández, Jordi Núñez, Sergej Bebeshko, José Ignacio Lubián, Ángel Hermida, Claudio Gómez, Paco Vidal, Samuel Trives, César Manrique.
- Anos 00': Iker Romero, Santiago Urdiales, Sergei Pogorelov, Talant Dujshebaev, Samuel Trives, Arpad Šterbik, Mariano Ortega, Mirza Dzomba, José Javier Hombrados, Rolando Uríos, Alberto Entrerríos, Ólafur Stefánsson, Didier Dinart, David Davis, Siarhei Rutenka, Jonas Kallman, Ales Pajovic, Chema Rodríguez, Luc Abaló
Adestradores históricos
[editar | editar a fonte]- Anos 90': Rafael López León.
- Anos 00': Juan de Dios Román, Veselin Vujović, Talant Dujshebaev, Raúl González
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Castro, Marta (7 de xullo de 2012). "Ciudad Real se sacude las ganas de balonmano". El País (en castelán). Consultado o 11 de decembro de 2017.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: BM Ciudad Real |