Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Batalla de Brandywine

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Batalla de Brandywine

Mapa de Hesse do século XVIII da Biblioteca Estatal de Marburgo en Alemaña da Campaña de Filadelfia (Batalla de Brandywine, Forts Mercer e Redbank, Germantown, etc.) a través do sitio web do West Jersey History Project http://westjerseyhistory.org/maps/revwarmaps/hessianmaps /index6.shtml Texto en francés, mapas que acompañan datados en 1777 ou 1787. Tradución rápida "Operacións do Exército Real en América do Norte baixo Sir William Howe, Cabaleiro da Orde de Bath. Dende o desembarco en Elk Ferry o 25 de agosto até a toma de posesión". de Filadelfia o 26 de setembro de 1777 contra os rebeldes estadounidenses comandados polo señor Washington e outros comandantes. (Mapa) Deseñado polo alférez Cochenhausen"
Data: 11 de setembro de 1777
Lugar: Chadds Ford Township, Pensilvania.
Conflito: Guerra de Independencia estadounidense
Desenlace: Vitoria británica
Combatentes
Estados Unidos de América Estados Unidos
Reino Unido Reino Unido

Hesse-Cassel

A batalla de Brandywine foi un dos enfrontamentos militares da Guerra de Independencia dos Estados Unidos, tivo lugar o 11 de setembro de 1777[1] preto de Chad's Ford, Pensilvania e o río Brandywine.

Antecedentes

[editar | editar a fonte]

Nas primeiras operacións tralo comezo da Guerra de independencia americana, os colonos capturaron Montreal e Saint John 's e fracasaron no sitio Quebec. Posteriormente, tentaron defender Nova York que, despois da batalla de Long Island, se rendeu aos británicos comandados por William Howe. Este pretendeu cortar en dous o territorio rebelde separando Nova Inglaterra e conquistou os fortes que protexían a baía de Hudson e Newport.

A batalla

[editar | editar a fonte]

O 23 de xullo, o xeneral Howe saíu de Sandy Hook coa intención de capturar Pensilvania, e avanzou por mar, e desembarcou nas proximidades da baía de Chesapeake con 18.000 soldados. O 25 de agosto, O xeneral George Washington cruzou o río Delaware para os enfrontar, e acampou preto de Chad's Ford, a 40 quilómetros de Filadelfia, deixando en medio o río Brandywine para esperar o ataque británico.

O 11 de setembro prodúcese a batalla con vitoria británica, na que perderon uns 600 soldados por 1.300 dos americanos (trescentos mortos, seiscentos feridos e catrocentos prisioneiros).[2] Na batalla tiveron unha relevante participación o conde polaco Pulaski e o marqués de La Fayette. Este aínda que recibira do Congreso o mando de xeneral por fretar un barco, que chegou en abril de 1777, con armas para apoiar a causa dos colonos fronte os británicos[3], decidiu participar na batalla como voluntario e foi ferido nunha perna[4].

Consecuencias

[editar | editar a fonte]

A pesar de seren derrotados polos británicos, os americanos demostraron que eran quen de se enfrontar a un exército poderoso e trabar un combate organizado[5] polo que continuou a guerra. Os americanos tiveron que abandonar a súa capital, Filadelfia, que foi tomada polos británicos o 26 de setembro e George Washington viuse forzado a pasar o inverno en Valley Forge, Pensilvania, adestrando o que aproveitou para adestrar o exército.

A pesar da vitoria británica, non foi definitiva nin conseguiron afastar as tropas de Washington de Filadelfia e esas circunstancias foron decisivas na posterior derrota británica en Saratoga.[6] Igualmente, produciuse unha reorganización no mando británico, con Henry Clinton como comandante en xefe, substituíndo a Howe, que dimitira. Coa entrada de Francia na guerra e co exército máis preparado, Washington perseguiu a Clinton na súa retirada cando este recibiu a orde de abandonar Filadelfia e defender Nova York, que agora era vulnerable debido ao poder naval francés.

  1. Quackenbos, George P. (1866). Historia ilustrada de los Estados Unidos y paises adyacentes de América ... (en castelán). Nueva York: D.Appleton y cía. p. 539. 
  2. Spencer, J.A. (1868). Historia de los Estados Unidos: desde su primer periodo hasta nuestros días. Tomo I. (Traducido do inglés por Enrique Leopoldo de Verneuill). Barcelona: Muntaner y Simón. pp. 442–443. 
  3. Galibert, Leon; Pellé, Clemente (1844). Historia de Inglaterra. Tomo IV. (traducido por una sociedad literaria). Barcelona: Imprenta del Imparcial. p. 109. 
  4. Anónimo (1843). "Capítulo: M de La Fayette.". Personajes célebres del siglo XIX,. (Tomo VI). Madrid: Imprenta de D. Fernándo Suárez. p. 4. 
  5. Wood, Gordon S. (2015). La revolución norteamericana. DeBolsillo. ISBN 9786073133388. 
  6. Britannica Enciclopedia Moderna. Encyclopaedia Britannica, Inc. 2011. p. 399. ISBN 978-1-61535-516-7. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]