Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Ariana Afghan Airlines

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Avións de Ariana Afghan Airlines no Aeroporto de Cabul

Ariana Afghan Airlines é a principal liña aérea de Afganistán e serve como aeroliña de bandeira do país[1]. A súa base de operacións é o Aeroporto Internacional de Cabul, desde onde opera os voos nacionais con Herat e Kandahar e as conexións internacionais que enlazan Afganistán coa India, Emiratos Árabes Unidos, Kuwait, Rusia, Arabia Saudita e Turquía[2]. A aeroliña está na lista de aeroliñas que non poden operar na Unión Europea[3] desde outubro de 2006.

A aeroliña fundouna en 1955 o estadounidense Peter Baldwin[4] por encarga do goberno afgán[5] con catro Douglas C-47, dous anos despois o goberno afgán quedou co 51% da compañía, pasando o 49% restante a mans da Pan Am ao tempo que incorporaba dous Douglas DC-4[6].

Un Airbus A310-300 de Ariana Afghan Airlines achegándose ao Aeroporto de Sheremetyevo en 2010.
Un Boeing 727-200 Advanced de Ariana Afghan Airlines no Aeroporto Internacional Atatürk en 2006.

A frota de Ariana Afghan Airlines estaba composta en marzo de 2012 por:[7][8][9]

Frota de Ariana Afghan Airlines
Aparellos En activo Ordes Pasaxeiros Notas
Clase Business Clase económica Total
Airbus A310-300 1 0 22 187 209
1 0 28 212 240
Boeing 727-200 3 0
Boeing 727-200F 1 0 Mercadoría
Boeing 737-400 2 0
  1. "About us - Ariana-Corporate Home Page". Arquivado dende o orixinal o 26 de agosto de 2013. Consultado o 04 de setembro de 2013. 
  2. "Route Map". Ariana Afghan Airlines. Consultado o 4 de setembro de 2013. 
  3. List of Air Carriers of which all Operations are Subject to a ban within the EU
  4. Adamec (2012)Ludwig Historical Dictionary of Afghanistan Scarecrow Press, páx. 55
  5. Obituario de Peter Baldwin[Ligazón morta]
  6. "Afghanistan DM Civil Aviation Study. 2002, páx. 4" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de febreiro de 2013. Consultado o 04 de setembro de 2013. 
  7. "Ariana Afghan Fleet". Arquivado dende o orixinal o 19 de febreiro de 2012. Consultado o 04 de setembro de 2013. 
  8. "Ariana Afghan Airlines Fleet - CH-Aviation". Arquivado dende o orixinal o 26 de febreiro de 2012. Consultado o 04 de setembro de 2013. 
  9. "Saga Airlines Fleet Configuration (TC-SGC/SGI)". Arquivado dende o orixinal o 22 de setembro de 2013. Consultado o 04 de setembro de 2013. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]