Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Abraham González Casanova

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAbraham González Casanova
Biografía
Nacemento16 de xullo de 1985 Editar o valor en Wikidata (39 anos)
Barcelona, España Editar o valor en Wikidata
Altura174 cm Editar o valor en Wikidata
Peso69 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2004 Editar o valor en Wikidata -
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoCentrocampista Editar o valor en Wikidata
Número deportivo10 Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2002–2003 Terrassa Olímpica 2010
2004–2007 Terrassa Olímpica 2010 74(3)
2007–2009   FC Barcelona B 67(4)
2008–2009   FC Barcelona 1(0)
2009–2009   FC Barcelona 1(0)
2009–2010   Cádiz CF 32(2)
2010–2011   Gimnàstic de Tarragona 4(0)
2011–2011 cesión   Ponferradina 17(0)
2011–2013   AD Alcorcón 68(2)
2013–2016   RCD Espanyol
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2006–2006   Cataluña 1(0)

UEFA: 250003406 Editar o valor en Wikidata

Abraham González Casanova, coñecido como Abraham, nado en Cornellà de Llobregat o 16 de xullo de 1985, é un futbolista catalán que xoga como centrocampista no Ethnikos Achnas da primeira división chipiotra[1].

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Natural de Cornellà de Llobregat[2], Abraham principiou a súa carreira futbolística no club de fútbol base Fundació Ferran Martorell e de alí pasou á filial do Terrassa FC[3]. Disputou un total de 16 partidos co primeiro equipo, na Segunda División B, durante a tempada 2004-2005.

En xullo de 2007 fichou polo FC Barcelona para reforzar o equipo filial e durante a tempada 2007-08 foi un dos titulares indiscutibles do equipo dirixido por Pep Guardiola que logrou o campionato de terceira división e o ascenso a Segunda B. No verán de 2008 viaxou co primeiro equipo á concentración de pretemporada en Escocia, e alí foi que debutou nun amigable diante do Hibernian FC[4]. Pouco despois chegou o seu debut en partido oficial co FC Barcelona nas semifinais da Copa Cataluña[5] perante a UE Sant Andreu.

O resto da tempada 2008-09 seguiu no FC Barcelona Atlètic, con algunha participación puntual co primeiro equipo azulgrana, que esa campaña logrou unha vitoria tripla. O 10 de outubro de 2008 xogou seis minutos da eliminatoria de dezaseisavos de final da Copa do Rei contra do Benidorm CF[6]. O equipo barcelonista tamén o inscribiu para disputar a Liga de Campións da UEFA e convocárono para un partido, co Shakhtar Donetsk, aínda que á fin non saíu ao campo[7]. Completou a tempada debutando na primeira división na última xornada do campionato co Deportivo da Coruña. Abraham saltou ao terreo de xogo no minuto 76', en substitución de Xavi Hernández.

O 12 de xuño de 2009 fíxose oficial a súa fichaxe polo Cádiz CF da segunda división española onde xogou ao longo de toda a tempada pero o descenso do equipo fixo inevitable a súa marcha[8].Logo de pasar desapercibido por varios equipos da Segunda División como o Gimnàstic de Tarragona ou o SD Ponferradina en menos dun ano, no verán de 2011 fichou pola Agrupación Deportiva Alcorcón e tras dúas boas tempadas, en xullo de 2013, confirmouse a súa fichaxe polo Real Club Deportivo Espanyol e a súa volta á primeira división española.

O 16 de xuño de 2016 o Club Universidad Nacional da Liga MX mexicana fíxose co xogador e anotou o seu primeiro gol co seu novo equipo o 11 de setembro de 2016 no minuto 85 contra o Querétaro, co que asegurou a vitoria do seu equipo por 4-1. O centrocampista barcelonés xogou tres tempadas co equipo. O 12 de xuño de 2018 anunciouse como reforzo do Club de Fútbol Lobos de la Benemérita Universidad Autónoma de Puebla, tras non anovar o CUN o seu contrato. A venda da franquía en xuño de 2019 a Ciudad Juárez deulle a carta de liberdade, e pasou a Veracruz para xogar co Club Deportivo Veracruz.

En xaneiro de 2020 asinou co AEK Larnaca da primeira división chipriota[9]e o 31 de xaneiro de 2022 mudou de equipo ao pasar ao tamén chipriota Ethnikos Achnas.

Club País Anos
Terrassa FC España España 2004-2007
FC Barcelona B 2007-2009
Cádiz Cf 2009-2010
Gimnàstic de Tarragona 2010-2011
SD Ponferradina (cedido) 2011
Agrupación Deportiva Alcorcón 2011-2013
Real Club Deportivo Espanyol 2013-2016
Pumas da UNAM México 2016-2018
Lobos BUAP 2018-2019
Tiburones Rojos de Veracruz 2019
AEK Larnaca Chipre Chipre 2020-2022
Ethnikos Achnas 2022-

Palmarés

[editar | editar a fonte]

Campionatos nacionais

[editar | editar a fonte]
Título Club País Ano
Liga de Terceira División FC Barcelona B España 2008
Copa do Rei FC Barcelona España 2009
Primeira División de España FC Barcelona España 2009

Torneos internacionais

[editar | editar a fonte]
Título Club País Ano
Liga de Campións FC Barcelona España 2009
  1. "Abraham González, primer fichaje de Arnal Llibert en Chipre". As. 17 de xaneiro de 2020. 
  2. "Abraham González Casanova". players.fcbarcelona.com. 
  3. El Terrassa presenta els reforços de David Valle i Abraham González. TV3, 19 de xullo de 2004
  4. "Contra el Hibernian, mucho más que un partido de pretemporada". fcbarcelona.cat. 26 de xullo de 2008. Arquivado dende o orixinal o 05 de febreiro de 2022. Consultado o 05 de febreiro de 2022. 
  5. "Abraham González, nou jugador de l’Espanyol". Betevé. 
  6. Abraham González, el tercer hombre de Pep Guardiola. Sports, 30 de outubro de 2008
  7. "Contra el Shakhtar, con cuatro del filial". 8 de decembro de 2008. Arquivado dende o orixinal o 6 de xaneiro de 2009. Consultado o 1 de junio de 2009. 
  8. "Abraham". cadistas1910.com. 
  9. Abraham González, primer fichaje de Arnal Llibert en Chipre. As, 17 de xaneiro de 2020