Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Antivirus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Un antivirus é unha aplicación informática que ten coma obxectivo detectar e limpar programas malintencionados e virus do equipo no que estea instalado.

A actividade dun antivirus é de dous tipos:

  • Prevención: trátase de prever a instalación de virus no equipo. Ó estar conectados á rede isto faise máis importante.
  • Limpeza: cada certo período de tempo (antes definido) ou trala petición do usuario, o antivirus revisa o sistema en busca de programas malintencionados, coa intención de illalos e eliminalos.

Tipos de antivirus

[editar | editar a fonte]

Existen dous tipos de software antivirus:

  • Antivirus residentes: os máis comúns e complexos. Vixían o sistema constantemente, na busca de intrusións.
  • Antivirus baixo demanda: só analizarán o sistema (ou partes deste), trala petición do usuario de facelo.

Tipos de programas malintencionados

[editar | editar a fonte]
  • Virus: programas coa intención de facer dano (borrar discos duros, sobrecargar o sistema etc.).
  • Dialers: prexudicial nas conexións a Internet por módem telefónico. Fai que conectemos o servizo a través de números de tarificación adicional, no canto de polo número do noso provedor.
  • Spyware: aplicacións que espían o noso sistema. Normalmente tratarase de cookies malignas que permiten, ó entrar en certas páxinas, que outras persoas vexan información persoal do noso ordenador.
  • Troianos: código malicioso engadido a un programa orixinal. Diferénciase do virus en que este é un programa por si mesmo, que suplanta ó orixinal.
  • Vermes: virus especialmente deseñados para as redes, coa particularidade de poderse autoduplicar.

Evolución

[editar | editar a fonte]

Cada día, os virus fanse máis perigosos. O que antes era unha serie de programas coa intención de facer dano, agora convértense en ferramentas coas que atopar información confidencial, suplantar a persoas lexítimas etc. Coa interconexión total que estamos vivindo e o intercambio constante de información, a propagación destes programas é moito máis doada. Pero tamén o é a obtención dun programa antivirus (temos no mercado multitude de antivirus gratuítos e de pago) e unha actualización constante destes.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]