A esmorga (filme de 2014)
A esmorga | |
---|---|
Logo do filme. | |
Ficha técnica | |
Director | Ignacio Vilar |
Produtor | Marina Fariñas Ignacio Vilar |
Guión | Carlos Asorey Ignacio Vilar |
Baseado en | A esmorga de Eduardo Blanco Amor |
Intérpretes | Miguel de Lira Karra Elejalde Antonio Durán "Morris" |
Música | Zeltia Montes |
Fotografía | Diego Romero |
Montaxe | José M. G. Moyano |
Estudio | Vía Láctea Filmes |
Estrea | 21 de novembro de 2014[1] |
Duración | 111 minutos |
Orixe | Galicia |
Xénero | Drama |
Orzamento | 1,5 - 2 000 000 €[2][3] |
Recadación | 277.652,06 €[4] |
Na rede | |
http://aesmorgafilme.com/ | |
A esmorga é un filme galego dirixido por Ignacio Vilar, adaptación da obra homónima de Eduardo Blanco Amor. Está protagonizada por Miguel de Lira que interpreta a Cibrán, Karra Elejalde como Bocas, e Antonio Durán "Morris" como Milhomes. A historia está ambientada na cidade de Ourense, lugar onde se rodou e onde trascorre a noite de troula dos tres personaxes principais.
O 15 de novembro de 2014, A esmorga proxectouse na inauguración da XIX edición do Festival de Cine de Ourense[5] e estreouse nos cines de toda Galicia o 21 de novembro do mesmo ano.[6][7] Grazas ó éxito colleitado nos cines galegos, o filme estreouse en España (en galego con subtítulos e dobrada ó castelán) o 8 de maio de 2015.[8] É o terceiro filme en galego máis visto da historia, con 47.866 espectadores nos cinemas logo da súa estrea,[4][9] e o segundo en recadación.[4]
Argumento
[editar | editar a fonte]Cibrán (Miguel de Lira) é un obreiro que se xunta coa Raxada (Melania Cruz), unha ex-prostituta e nai solteira. Unha mañá, de camiño ó traballo, é abordado por dous amigos bébedos, Bocas (Karra Elejalde) e o atormentado Milhomes (Antonio Durán "Morris"). Cibrán xúntase a eles no seu deambular incerto pola zona, deixando tras de si un regueiro de destrución.
Fan un alto na taberna da tía Esquilacha (Covadonga Berdiñas), acceden á vivenda dun cacique local chegado hai pouco de Francia, onde Bocas se namora da misteriosa dona da fiestra; chegan a un pazo ao que Cibrán, xa bébedo, lle prende lume sen querelo; bótanos dun prostíbulo; galantean cunha muller pueril e tola, Socorrito (Sabela Arán), quen cada mañá saca pasear un boneco nun carriño. Namentres, Bocas é sospeitoso de ter matado a un home durante unha liorta nunha taberna, e ademais a homosexualidade reprimida de Milhomes non deixa de amolar ao Bocas dun xeito que ningún dos dous homes son quen de comprender. Bocas e Milhomes emprenderon unha especie de misión suicida ao abeiro da bebedela á cal o malpocado Cibrán se sumou sen sabelo. O alcol é para Cibrán o refuxio do que el mesmo denomina “o pensamento”, unha terrible lucidez que lle fai ser consciente da súa sórdida existencia.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Miguel de Lira como Cibrán
- Karra Elejalde como Bocas
- Antonio Durán "Morris" como Milhomes
- Alfonso Agra como Pego
- Sabela Arán como Socorrito
- Melania Cruz como Raxada
- Lois Soaxe como Acacio
- Santi Prego como Cabito
- Pepo Suevos como Barrigas
- Covadonga Berdiñas como Tía Esquilacha
- Mela Casal como Nonó
- Mónica García como Costilleta
- Amelia Guede como Amelia
- Elena Seijo como Cupatrás
- Fina Calleja como Piolla
- Ledicia Sola como Viguesa
- Patxi Bisquert como Señor de Andrade
- Monti Castiñeiras como Cabaleiro
- Yago López como Lisardiño
Recepción
[editar | editar a fonte]Espectadores das principais cidades (2014) | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
Posición | Cidade | Espectadores | |||||
1ª | Vigo | 8 602 | |||||
2ª | Santiago de Compostela | 6 606 | |||||
3ª | A Coruña | 6 250 | |||||
4ª | Ourense | 5 468 | |||||
5ª | Lugo | 3 176 | |||||
6ª | Ferrol/ Narón | 2 227 | |||||
7ª | Pontevedra | 1 607 | |||||
Fonte: Rentrak Spain |
En Galicia tivo unha estrea limitada en só 26 salas, con 18 copias distribuídas,[10] e a súa acollida entre o público foi maior da agardada, polo que está considerado un dos filmes revelación do 2014.[11] Dende a súa estrea o 21 de novembro ata finais do ano 2014, o filme foi visto por máis de 37 500 espectadores galegos. En vista do seu bo resultado de recadación, xa que foi a mellor estrea de todo o ano en España entre os filmes con menos de 100 copias, e coa quinta mellor media (3 408 euros) do ano en España, só por detrás de Ocho apellidos vascos, La isla mínima, Torrente 5 e El Niño,[12] estreouse en cines de España na primavera de 2015.[13][14] O número total de espectadores en todo o estado foi de 47.866 persoas, cunha recadación de 277.652,06 €[4]
Grazas ó éxito colleitado na estrea nos cines, sairá á venda en DVD o 20 de novembro de 2015.[15]
Galardóns e nomeamentos
[editar | editar a fonte]Ignacio Vilar e Carlos Asorey foron nomeados na categoría de mellor guión adaptado na XXIX edición dos Premios Goya.[16]
Ano | Categoría | Receptor | Resultado |
---|---|---|---|
2015 | Mellor guión adaptado | Carlos Asorey Ignacio Vilar |
Nomeado |
“ | Habería, quedou dito, outras "esmorgas" posibles nas nosas meimiñas; porén, esta que vén de filmar Ignacio Vilar demostra a verdade dun cinema ben feito, dun cinema traballado con esmero; un cinema, entón, que dá gusto contemplarmos e gozarmos. | ” |
Nos Premios Mestre Mateo de 2014, A esmorga obtivo 16 nomeamentos en 13 categorías, conseguindo 6 premios, entre eles mellor actor para Antonio Durán "Morris" no papel de Milhomes, mellor fotografía e música orixinal.
Ano | Categoría | Receptor | Resultado |
---|---|---|---|
13ª edición | Mellor filme | Ignacio Vilar | Nomeado |
Mellor director | Ignacio Vilar | Nomeado | |
Mellor actor | Antonio Durán "Morris" | Gañador | |
Miguel de Lira | Nomeado | ||
Karra Elejalde | Nomeado | ||
Mellor actriz secundaria | Mela Casal | Nomeada | |
Sabela Arán | Nomeada | ||
Mellor guión | Ignacio Vilar e Carlos Asorey | Nomeados | |
Mellor dirección de produción | Eva Rivas | Nomeada | |
Mellor dirección artística | Ángel Amaro | Gañador | |
Mellor montaxe | José Manuel G. Moyano | Nomeado | |
Mellor música orixinal | Zeltia Montes | Gañadora | |
Mellor son | Xavier Souto | Nomeado | |
Mellor fotografía | Diego Romero Suárez Llanos | Gañador | |
Mellor maquillaxe e peiteado | Susana Veira | Gañadora | |
Mellor deseño de vestiario | Mar Fraga | Gañadora |
Festival de Tolosa
[editar | editar a fonte]Na 20º edición do "Festival du Film Espagnol de Toulouse" celebrado en outubro de 2015, o filme gañou os premios de mellor director para Vilar, o premio ao mellor actor ex aquo para “Morrís”, Karra Elejalde e Miguel de Lira, e o premio á mellor fotografía.[18]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Escalinata da igrexa de Santa María.
-
Fonte das Burgas.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ CRTVG (ed.). "A Esmorga estréase o día 21 de novembro en toda Galicia". Arquivado dende o orixinal o 27 de outubro de 2014. Consultado o 27 de outubro de 2014.
- ↑ Rei Romeu, Manuel. Terra e Tempo, ed. "A Esmorga: o filme que agardamos". Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2015. Consultado o 29 de maio de 2015.
- ↑ mamosteiro.wordpress.com (ed.). "O director Ignacio Vilar levará ao cine unha adaptación de «A esmorga», do escritor Eduardo Branco Amor". Consultado o 29 de maio de 2015.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 Catálogo ICAA (ed.). "Ficha da ICAA de A esmorga". Consultado o 2 de novembro de 2019.
- ↑ "“A Esmorga” activa a web á espera da estrea da película". Sermos Galiza. 13 de outubro de 2014. Arquivado dende o orixinal o 29 de outubro de 2014. Consultado o 27 de outubro de 2014.
- ↑ «A Esmorga», del papel a los cines de toda Galicia Diario ABC, 21/11/2014.
- ↑ «A esmorga», a corredoira movie. Diario La Voz de Galicia, 21/11/2014.
- ↑ Ramón, Esteban (7 de maio de 2015). "'A esmorga', la parranda trágica que busca romper fronteras culturales". RTVE.es. Consultado o 29 de maio de 2015.
- ↑ Mato, Mar (31 de outubro de 2019). ""O que arde" disputa a "Sempre Xonxa" a medalla de ouro do filme en galego máis visto da historia". Faro de Vigo. Consultado o 2 de novembro de 2019.
- ↑ El blog del cine español (ed.). "“A Esmorga” sigue triunfando en la taquilla en los cines gallegos". Consultado o 1 de xaneiro de 2015.
- ↑ El blog del cine español (ed.). "“A esmorga” supera los 200 000€ de recaudación en cines". Consultado o 1 de xaneiro de 2015.
- ↑ El blog del cine español (ed.). "Ranking de recadación". Consultado o 1 de xaneiro de 2015.
- ↑ El blog del cine español (ed.). "La película “A esmorga”, después de su éxito en los cines gallegos, se estrenará en el resto del país en la primavera de 2015". Consultado o 1 de xaneiro de 2015.
- ↑ V, H (31 de decembro de 2014). "A Esmorga, un dos grandes “sleepers” da temporada". Sermos Galiza. Arquivado dende o orixinal o 25 de xaneiro de 2016. Consultado o 1 de xaneiro de 2015.
- ↑ ""A Esmorga" sale en DVD este viernes". Faro de Vigo. 17 de novembro de 2015. Consultado o 17 de novembro de 2015.
- ↑ Redacción (7 de xaneiro de 2015). "“A Esmorga” optará a mellor guión adaptado nos Premios Goya". Sermos Galiza. Arquivado dende o orixinal o 09 de xaneiro de 2015. Consultado o 9 de xaneiro de 2015.
- ↑ "A esmorga v.o.", Faro de Vigo, 28/11/2014, p. 28.
- ↑ Obelleiro, María (12 de outubro de 2015). ""Os premios de Toulouse recoñecen a nosa cultura e o noso idioma, o que somos nós"". Sermos Galiza. Arquivado dende o orixinal o 14 de outubro de 2015. Consultado o 12 de outubro de 2015.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial do filme
- A esmorga na IMDb (en inglés).
- Ficha en AllMovie (en inglés)
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)
- Filmes de 2014
- Filmes en lingua galega
- Filmes de Galicia
- Filmes dirixidos por Ignacio Vilar
- Filmes rodados en Galicia
- Filmes rodados en Ourense
- Filmes de Vía Láctea Filmes
- Filmes baseados en obras de Eduardo Blanco Amor
- Filmes ambientados en Galicia
- Filmes sobre alcoholismo
- Filmes sobre temática LGBT de Galicia