Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Cancaneo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Cruising»)
Un home facendo cruising en Nova York.

O cancaneo[1] ou cruising é unha práctica sexual consistente en buscar encontros sexuais de tipo anónimo, casual e eventual en lugares públicos.[2]

O termo emprégase tamén para a busca de encontros sexuais por medios tecnolóxicos, tales como sitios de Internet ou servizos telefónicos.[3]

Orixe e uso histórico

[editar | editar a fonte]

Nun contexto estritamente sexual, o termo "cruising" orixinalmente formaba parte do argot homosexual, que os homes gais usaban como mecanismo sociolingüístico para recoñecerse uns ós outros en sociedades homófobas.

Na segunda metade do século XX a despenalización das relacións homosexuais transformou estes códigos de protección en termos de significado específico. O uso sexual do termo pasou ó uso cotián para designar un certo tipo de relacións sexuais anónimas e eventuais.

  1. "Cancaneo", no Dicionario Castelán-Galego de Rinoceronte Editora.
  2. KILGANNON, C. (21/09/2005). www.nytimes.com, ed. "A sex stop on the way home". Consultado o 15/11/2010.  (en inglés)
  3. JACOBS, E. (06/04/2008). www.edgeboston.com, ed. "On the Hunt :: Manhunt.net leads the Gay Wide Web". Arquivado dende o orixinal o 23/09/2015. Consultado o 15/11/2010.  (en inglés)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]