Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

China (rexión)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este artigo refírese á civilización chinesa. Para o estado político moderno referido como "China" no seu nome formal e que comprende a China continental, Hong Kong e Macau, véxase República Popular da China. Para o estado político moderno referido como "China" no seu nome formal e que comprende as illas de Taiwán, Penghu, Kinmen e Matsu, véxase República da China. Para outros usos, véxase China (homónimos).
Cambios territoriais na China a través da súa historia.

China (chinés tradicional: ; chinés simplificado: ; Pinyin: Jhongguó; Hanyu Pinyin: zh-zhongguo.ogg Zhōngguó ; Wade-Giles (chinés mandarín): Chung¹kuo²) é unha rexión cultural, unha civilización antiga e, dependendo da perspectiva, unha entidade nacional ou multinacional que se estende por gran parte da Asia Oriental.

A última guerra civil chinesa (finalizada en 1949) conduciu á aparición de dúas entidades políticas que utilizan o nome "China":

China é o berce dunha das civilizacións continuas máis antigas do mundo, presente en estados e culturas que se remontan até seis milenios atrás. Posúe o sistema de escritura de uso continuo máis antigo e foi o lugar onde se produciron numerosos inventos de moita importancia, tanto é así que o erudito británico Joseph Needham denominou as "catro grandes invencións da China Antiga": o papel, o compás, a pólvora e a imprenta. Historicamente, a esfera cultural da China estendeuse a través do leste de Asia en todas as súas formas: a súa relixión, os seus costumes e o seu sistema de escritura foron adoptados en diversos graos polos seus veciños, tales como o Xapón, Corea e Vietnam.

A primeira evidencia de presenza humana na rexión encontrouse na cova de Zhoukoudian, e é un dos primeiros espécimes do Homo erectus, que é máis coñecido como o home de Pequín, e que se estima que viviu aproximadamente entre 300.000 e 550.000 anos atrás.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre cultura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.