Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Era cenozoica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Cenozoico»)
Liña de tempo gráfica do cenozoico
ver • conversa • editar
-70 —
-60 —
-50 —
-40 —
-30 —
-20 —
-10 —
0 —
Escala de tempo aproximada dos acontecementos claves do cenozoico.
Escala do eixe: millóns de anos de antigüidade.
Oroxenia alpina.

A era cenozoica, Cenozoico ou era terciaria é, na escala de tempo xeolóxico, a era xeolóxica que se iniciou hai uns 65,5 ± 0,3 millóns de anos e que se estende até a actualidade.[1][2]

É a terceira e última era do eón fanerozoico e segue á era mesozoica. O seu nome procede do lingua grega e significa 'animais novos' (de καινός kainós, 'novo' e ζωή zoé, 'animal' ou 'vida'). O período terciario, actualmente non recoñecido pola Comisión Internacional sobre Estratigrafía, comprendía a era cenozoica excepto os últimos 2,5 millóns de anos, cando se inicia o período cuaternario.[3]

Durante a era cenozoica, a India colidiu con Asia hai 55-45 millóns de anos, e Arabia colidiu despois con Eurasia, pechando o mar de Tetis, hai uns 35 millóns de anos. Como consecuencia diso, produciuse a gran pregamento alpino que formou as principais cordilleiras do sur de Europa e Asia, como os Pireneos, Alpes e Himalaias.

Ao cenozoico tamén se lle chama a era dos mamíferos, animais que, ao extinguírense os dinosauros a finais do Cretáceo, experimentaron unha extraordinaria radiación adaptativa e pasaron a ser a fauna característica.

Hai uns 30 millóns de anos xurdiron os primeiros primates superiores (os máis primitivos estaban xa presentes hai máis 65 millóns de anos), aínda que Homo sapiens non apareceu até hai uns 200.000 anos.

Subdivisións

[editar | editar a fonte]

O Cenozoico divídese en tres períodos, Paleoxeno, Neoxeno e Cuaternario, que á súa vez se dividen en épocas. O Paleoxeno comprende as épocas Paleoceno, Eoceno e Oligoceno; o Neoxeno comprende Mioceno e Plioceno, mentres que o Cuaternario comprende as épocas Plistoceno e Holoceno, a última das cales está actualmente en curso.[1][2] O antigo período terciario comprendía Paleoxeno e Neoxeno.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeoloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.