Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Castelán saharauí

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Castelán saharauí
Outros nomes:Español saharauí
Falado en: Sáhara Occidental
Total de falantes:
Familia: Indoeuropea
 Itálica
  Románica
   Occidental
    Galoibérica
     Iberorrománica
      Ibero-occidental
       Castelán
        Castelán saharauí
Escrita: Alfabeto latino
Status oficial
Lingua oficial de: Sáhara Occidental Sáhara Occidental
Códigos de lingua
ISO 639-1: es
ISO 639-2: spa
ISO 639-3: spa
SIL: SPN
Mapa
Status

O castelán saharauí é a variedade da lingua castelá falada no Sáhara Occidental e en rexións adxacentes, como no exilio en Alxeria como segunda lingua, con recoñecemento oficial, mais non como lingua nativa.[1][2]

Características

[editar | editar a fonte]

A lingua castelá falada como segunda lingua polos saharauís está influenciada por dialectos árabes, sobre todo do árabe hassanía. Tamén o falan na alxeriana provincia de Tinduf nos campos de refuxiados saharauís,[3] debido a que o Sáhara Occidental foi unha provincia marítima española até a súa retirada en 1976. Na RASD estúdase tamén o castelán como lingua cooficial nas escolas e o goberno saharuí emprégao na administración (especialmente na área da saúde e emitindo todos os comunicados en ámbalas linguas), formando un caso de bilingüismo social xa que tamén é falado de xeito cotián por gran parte da poboación e é aprendida de maneira oral.[3] O castelán tamén é usado nos medios de comunicación locais. No eido da saúde utilízase o castelán xa que os materiais de consulta médicos que se usan proveñen de Cuba e España.[2] As moedas da peseta saharauí teñen inscricións en castelán.

  1. "Instituto Cervantes". Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 05 de decembro de 2020. 
  2. 2,0 2,1 Cf. Pilar Candela Romero, «El español en los compamentos de refugiados saharauis (Tinduf, Argelia)».
  3. 3,0 3,1 El idioma español en el Sáhara en: Campamentos de Refugiados de Tindouf. Consultado el 26-08-2012.