Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Capela das Ánimas de Pontevedra

Capela das Ánimas de Pontevedra
Fachada na rúa das Ánimas
Datos xerais
PaísEspaña
TipoCapela
AdvocaciónAlmas do Purgatorio
LocalizaciónPontevedra
Coordenadas42°25′56″N 8°38′41″O / 42.432277777778, -8.6448611111111
Culto
CultoCatólico
DioceseSantiago de Compostela
Arquitectura
Construción1898
EstiloNeogótico
editar datos en Wikidata ]

A Capela da Ánimas é un pequeno edificio relixioso néogótico[1] de culto católico, situado no casco antigo da cidade de Pontevedra, na rúa das Ánimas,[2] moi preto da praza de Curros Enríquez.

A capela atópase nunha pequena parte do soar no que estaba situado o vello Hospital de Pontevedra que funcionaba desde o século XV, co nome de Corpo de Deus, Corpus Christi e posteriormente San Xoán de Deus, a orde que o xestionaba.[3][4]

O devandito hospital tiña anexo o seu cemiterio coa súa igrexa e o seu altar de ánimas.[2] Todo este conxunto foi demolido en 1896 cando xa se estaba construíndo o novo hospital da cidade, o Hospital Provincial de Pontevedra.[5] Ante a perda desta referencia espiritual de varios séculos, os veciños decidiron pedir a construción dunha pequena capela na que se puidese continuar coa tradición dos seus antepasados.[2] Deste xeito, ante a presión veciñal construíuse en 1898 esta pequena capela de estilo neogótico.

Descrición

[editar | editar a fonte]

A capela está dedicada ás almas en pena do purgatorio polas que se ofrecen esmolas para a súa salvación, e que así poidan alcanzar a felicidade no ceo.

A fachada da capela, de estilo neogótico[1] e de reducidas dimensións, atópase entre medianeiras. Ten unha porta cun arco oxival, acompañada de dúas ventás con arcos apuntados a cada lado.[6][1]

Enriba da porta de entrada atópase un pequeno van en forma de trevo de catro follas enmarcado por un círculo, representando unha cruz lobulada. Na parte superior a capela está coroada por unha cruz dentro dun círculo.[7]

No interior hai un retablo de madeira policromada de dúas fileiras cun total de seis figuras, representadas entre chamas, das cales as centrais son un bispo e un rei.[8][9]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]