Catedral de Oviedo
Catedral de Oviedo | |
---|---|
País | España |
Localización | Oviedo |
Coordenadas | 43°21′45″N 5°50′35″O / 43.362583, -5.843081 |
Diocese | Arquidiocese católica latina de Oviedo |
Estilo | Arquitectura gótica |
Páxina web | http://catedraldeoviedo.com/ |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Santa Igrexa Basílica Catedral Metropolitana de San Salvador de Oviedo é unha catedral de estilo gótico situada na cidade de Oviedo (Principado de Asturias). É coñecida tamén como Sancta Ovetensis, referíndose á calidade e cantidade das reliquias que contén. Comezou a edificarse a finais do século XIII pola sala capitular e o claustro, e a súa construción prolongouse durante tres séculos ata o remate da torre a mediados do século XVI. Posteriormente engadiríase un deambulatorio no século XVII ademais de diversas capelas anexas ás naves laterais.
A igrexa está emprazada no lugar do anterior conxunto catedralicio prerrománico do século IX, algún de cuxos edificios sobreviviron. Por esta razón e o dilatado da construción do edificio actual, este contén estruturas de estilo prerrománico (Cámara Santa), románico (bóvedas e apostolado da Cámara Santa), renacentista (remate da torre) e barroco (Deambulatorio, Capela do Rei Casto e outras capelas).
A Cámara Santa, do século IX, está declarada Patrimonio da Humanidade pola Unesco e alberga as xoias máis prezadas da catedral: as cruces da Vitoria e dos Anxos, símbolos de Asturias e da cidade de Oviedo respectivamente, a Caixa das Ágatas e o Arca Santa que contén un gran número de reliquias entre as que se encontra o Santo Sudario.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Pórtico
-
Torre
-
Porta principal
-
Claustro
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Catedral de Oviedo |