Bankers Life Fieldhouse
Bankers Life Fieldhouse | |
---|---|
Datos | |
Coordenadas | 39°45′50″N 86°09′20″O / 39.763888888889, -86.155555555556 |
Localización | 125 South Pennsylvania Street Indianapolis, Indiana 46204 Estados Unidos |
Construción | |
Inauguración | 6 de novembro de 1999 |
Arquitecto | Ellerbe Becket Blackburn Architects |
Estadio | |
Capacidade | Hóckey sobre xeo: 12 300 Baloncesto: 18 165 Concertos: 19 000 |
Propietario | Capital Improvement Board, Cidade de Indianápolis |
Operadora | Condado de Marion |
Localía | Indiana Pacers (NBA) (dende 1999) Indiana Fever (WNBA) (dende 2000) Indiana Firebirds (AFL) (2001–2004) Indiana Ice (USHL) (dende 2012) |
Web | http://www.bankerslifefieldhouse.com |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Bankers Life Fieldhouse é un pavillón cuberto situado no centro da cidade de Indianapolis, Indiana. É a casa dos Indiana Pacers da National Basketball Association, e dos Indiana Fever da Women's National Basketball Association. O Fieldhouse tamén acolle partidos de baloncesto universitario, concertos e hóckey sobre xeo.
Foi inaugurado en 1999 co nome de Conseco Fieldhouse, para substituír o Market Square Arena. Os dereitos do nome do pavillón foron adquiridos por Conseco, unha organización de servizos financeiros con sede en Carmel, Indiana. En maio de 2010, a compañía cambiou o seu nome polo de CNO Financial Group, pero o pavillón mantivo o nome de Conseco Fieldhouse. En decembro de 2011, o CNO Financial Group cambiou o nome do pavillón a Bankers Life Fieldhouse.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina web oficial (en inglés)