Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Especificidade biolóxica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Conespecífico»)

En bioloxía, a especificidade biolóxica é a tendencia dunha característica biolóxica como un comportamento ou unha variación bioquímica ou outra, a aparecer nunha determinada especie.

O bioquímico Linus Pauling afirmou que

A especificidade biolóxica é o conxunto de características dos organismos vivos ou constituíntes dos organismos vivos que os fan ser especiais ou facer algo especial. Cada especie de animal ou planta é especial. Difire dalgún modo de todas as outras especies. …
…a especificidade biolóxica é o principal problema para comprender a vida.[1]

As características biolóxicas poden ser descritas como interespecíficas, intraespecíficas e conespecíficas.

A interespecificidade (literalmente entre especies), ou ser interespecífico, describe aspectos entre individuos de especies distintas. Estas poden incluír:

A intraespecificidade (literalmente dentro da especie) ou ser intraespecífico, describe os comportamentos, variacións bioquímicas e outros aspectos dentro dos individuos dunha mesma especie. Estes poden ser:

Dous ou máis individuos dunha poboación ou taxon son conespecíficos se pertencen á mesma especie.[2] Onde conviven diferentes especies que se poden hibridar e os seus gametos compiten, os gametos conespecíficos teñen precedencia sobre os heteroespecíficos, o que se denomina precedencia espermática conespecífica ou precedencia do pole conespecífica en plantas.

O antónimo de conespecificidade é a heteroespecificidade: dous individuos son heteroespecíficos se se considera que pertencen a diferentes especies biolóxicas.[3]

Conceptos relacionados

[editar | editar a fonte]

Son conxéneres os organismos do mesmo xénero.[4]

(Isto non se debe confundir con conxénico, termo que se aplica en xenética a dous organismos que só difiren nun locus e un segmento ligado dun cromosoma.[5])

  1. Linus Pauling, Barbara Marinacci, Linus Pauling in His Own Words: Selections From His Writings, Speeches and Interviews, (1995), p. 96.
  2. "Conspecificity". Biology online. Arquivado dende o orixinal o 16 de abril de 2011. Consultado o 5 December 2009. 
  3. "Heterospecificity". Biology online. Consultado o 5 December 2009. 
  4. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para conxénere.
  5. "Congenic - definition from Biology-Online.org". Biology-Online.org dictionary. Biology-Online.org. Arquivado dende o orixinal o 08 de agosto de 2017. Consultado o 2006-09-25. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.