Colmenar Viejo
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Comunidade de Madrid | ||||
Capital | Colmenar Viejo (pt) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 55.198 (2023) (302,29 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 182,6 km² | ||||
Altitude | 800 m | ||||
Punto máis alto | cerro de San Pedro (en) (1.425,266 m) | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Jorge García Díaz (en) (2016–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 28770 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 28045 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | colmenarviejo.com | ||||
Colmenar Viejo é un municipio situado na Cuenca Alta do Manzanares, dentro da provincia de Madrid, en España. En xaneiro de 2008, Colmenar Viejo contaba cunha poboación de 42.649 habitantes empadroados.[1]
Hisotoria e características
[editar | editar a fonte]O centro urbano está situado a uns 31 km da Porta do Sol de Madrid, accedendo pola autovía M-607. Dispón dunha estación pertencente á liña C-4 de Proximidades Madrid e situada na zona B3 segundo o Consorcio Rexional de Transportes de Madrid.
A cara sur do Cerro de San Pedro, da Serra de Guadarrama, está no termo municipal de Colmenar Viejo. Por este termo pasa o río Manzanares, no cal atópanse os antigos muíños abandonados, que están moi deteriorados. Nalgún destes muíños atopáronse restos arqueolóxicos do século XVII.[2]
Colmenar Viejo tamén ten dúas bases militares: as Forzas Aeromóbiles do Exército de Terra ou FAMET e a Base Loxística San Pedro, que antes se coñecía como o «O Cir», xa que era o Centro de Instrución de Recrutas Nº1.
Ata 1991, Tres Cantos pertencía ao termo municipal de Colmenar Viejo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Instituto nacional de estadística". Arquivado dende o orixinal o 01 de xaneiro de 2009. Consultado o 15 de febreiro de 2009.
- ↑ Un múiño do século XVII, ao descuberto (El Mundo)