MS
Aparencia
(Redirección desde «2MS»)
MS foi o nome dunha serie de satélites soviéticos lanzados en 1962. Utilizáronse dous tipos de satélite, 1MS e 2MS, sendo lanzados dous satélites de cada tipo. Tres dos satélites funcionaron correctamente, mentres que un dos 1MS perdeuse no lanzamento. Os tres que achegaron órbita foron nomeados cunha designación na serie Kosmos.
Os satélites MS foron desenvoltos pola oficina de deseño OKB-1 e foron usados como demostradores tecnolóxicos e de desenvolvemento. Tamén levaron cargas útiles para investigar a radiación e os raios cósmicos.
Satélites
[editar | editar a fonte]Nome | Tipo | Número de serie | Lanzamento[1] | Decaemento[2] | Notas |
---|---|---|---|---|---|
Kosmos 2[3] | 1MS | #1 | 6 de abril de 1962, 17:15 | 20 de agosto de 1963 | |
Kosmos 3[4] | 2MS | #1 | 24 de abril de 1962, 04:00 | 17 de outubro de 1962 | |
Kosmos 5[4] | 2MS | #2 | 28 de maio de 1962, 03:00 | 2 de maio de 1963 | |
N/A | 1MS | #2 | 25 de outubro de 1962 | 25 de outubro de 1962 | Non alcanzou órbita[3] |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ McDowell, Jonathan. Jonathan's Space Page, ed. "Launch Log" (en inglés). Consultado o 23 de maio de 2011.
- ↑ McDowell, Jonathan. Jonathan's Space Page, ed. "Satellite Catalog" (en inglés). Consultado o 23 de maio de 2011.
- ↑ 3,0 3,1 Wade, Mark. Encyclopedia Astronautica, ed. "1MS" (en inglés). Consultado o 23 de maio de 2011.
- ↑ 4,0 4,1 Wade, Mark. Encyclopedia Astronautica, ed. "2MS" (en inglés). Consultado o 23 de maio de 2011.