Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Valamiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A versión para imprimir xa non se actualiza e pode conter erros de renderizado. Actualice os marcadores do seu navegador e empregue mellor a función de impresión propia do navegador.
Modelo:BiografíaValamiro
Biografía
Nacementoc. 420 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Pannonia, Roma Antiga (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Mortec. 465 Editar o valor en Wikidata (44/45 anos)
Pannonia, Roma Antiga Editar o valor en Wikidata
Causa da mortecaída de cabalo Editar o valor en Wikidata
Rei dos ostrogodos
447 – 465
← VandalarioTeodomiro → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Familia
FamiliaAmalos Editar o valor en Wikidata
PaiVandalario Editar o valor en Wikidata
IrmánsVidemiro
Teodomiro Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteEncyclopedic Lexicon (en) Traducir
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Ostrogoths-39

Valamiro ou Valamir, nado no 420 e finado no 465, foi rei dos ostrogodos, da dinastía dos Amalos.

Traxectoria

Era fillo de Vandalario e sobriño do rei visigodo Turismundo. Como vasalo de Atila participou nas conquistas das terras romanas do Danubio. Nunha destas rexións, a Panonia, instalouse en 447. Participou ao lado de Atila na batalla dos Campos Cataláunicos, pero a derrota convenceuno para rebelarse contra os hunos. Coa morte de Atila en 453 converteuse no rei dos godos instalados na Panonia, título e poder que compartiu cos seus irmáns Teodomiro e Videmiro. Un ano despois (454), venceron aos hunos na Batalla de Nedao, converténdose nun reino independente.

Unha disputa concernente a uns impostos anuais levou a Valamiro a dirixir un exército de godos contra Constantinopla (459462), onde o emperador bizantino León I lle prometeu un pago anual en ouro para satisfacelo. No transcurso dunha razzia contra os esciros, Valamiro caeu do cabalo e morreu (465). A través do seu irmán Teodomiro era tío de Teodorico I o Grande.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos