Rastrexo
Aparencia
Cribado en medicinao é unha estratexia aplicada sobre unha poboación para detectar unha doenza en individuos sen signos ou síntomas desa doenza.
Obxectivo
A intención do cribado é identificar doenzas de maneira temperá dentro dunha comunidade. Isto permite a rápida xestión e intervención coa esperanza de que se reduzan os efectos (dor, falecemento) provocados pola doenza.[1]
Criterios de Frame e Carlson
Para que unha determinada medida preventiva sexa denominada como cribado debe cumprir cos criterios de Frame e Carlson:
- que a doenza buscada sexa unha causa común de morbimortalidade (enfermidade prevalente);
- que sexa detectable en etapa presintomática;
- as probas diagnósticas deben ser efectivas e eficaces (sensibilidade e especificidad aceptables);
- o tratamento cedo debe ser mellor que na etapa sintomática;
- e o dano potencial da intervención debe ser menor que no tratamento non precoz.
Críticas
Os cribados non diminúen a incerteza clínica, non son inocuos para a saúde da poboación, e levan un custo económico a considerar.[2][3]
Notas
- ↑ Ascunce Elizaga N. En apoyo a la inversión en cribado. Gac Sanit. 2013;27:369-71.
- ↑ Gérvas J, Pérez Fernández M. Cribados: una propuesta de racionalización. Gac Sanit. 2013; 27(4):372-3.
- ↑ ¿Qué pasaría si se informara adecuadamente a las mujeres sobre las mamografías de cribado?. No Gracias. 16/10/2014.