Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Emperador Gaozu de Han

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A versión para imprimir xa non se actualiza e pode conter erros de renderizado. Actualice os marcadores do seu navegador e empregue mellor a función de impresión propia do navegador.
Modelo:BiografíaEmperador Gaozu de Han

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(zh-hant) 劉邦 Editar o valor en Wikidata
Nome de templo太祖 Editar o valor en Wikidata
Nome póstumo高皇帝 Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento256 a. C. Editar o valor en Wikidata
Pei County, República Popular da China (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte1 de xuño de 195 a. C. Editar o valor en Wikidata (60/61 anos)
Chang'an Editar o valor en Wikidata
Chinese king (en) Traducir
206 a. C. – 28 de febreiro de 202 a. C.
Nomeado por: Hiang-Yu (pt) Traducir
Emperador da China Dinastía Han
28 de febreiro de 202 a. C. – 1 de xuño de 195 a. C. (finado no cargo)
← Emperor Yi of Chu (en) TraducirHui de Han (pt) Traducir →
Chinese sovereign (en) Traducir Dinastía Han
28 de febreiro de 202 a. C. – 1 de xuño de 195 a. C. (finado no cargo)
← Hiang-Yu (pt) TraducirHui de Han (pt) Traducir → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónTaoísmo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióngobernante Editar o valor en Wikidata
Período de tempoDinastía Han Editar o valor en Wikidata
Familia
FamiliaHouse of Liu (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
CónxuxeLu Hou
Empress Dowager Bo
Concubine Qi
Zhao Ji Editar o valor en Wikidata
FillosLiu Jian
 ()
Liu Hui
 ()
Liu Zhang
 () Zhao Ji
Imperador Wen de Han
 () Empress Dowager Bo
Liu Ruyi
 () Concubine Qi
Hui de Han
 () Lu Hou
Liu Fei
 ()
Liu You
 ()
Princess Yuan of Lu
 () Lu Hou Editar o valor en Wikidata
PaisLiu Taigong Editar o valor en Wikidata  e Liu Ao Editar o valor en Wikidata
IrmánsLiu Bo
Liu Zhong
Liu Jiao Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteWanxiaotang Huazhuan (en) Traducir
Registos do Historiador (pt) Traducir
Livro de Hã (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

Liu Bang (chinés tradicional: 劉邦; chinés simplificado: 刘邦; pinyin: Liú Bāng; Wade-Giles: Liu2 Pang1), nado no condado de Pei en 256 a.C. ou 247 a.C.[nota 1] e finado en Chang'an o 1 de xuño de 195 a.C.,[nota 2] foi o primeiro emperador da dinastía Han, que gobernou a China a partir do 202 a.C. Liu foi un dos dous únicos fundadores de dinastías imperiais chinesas que tiña orixes campesiñas[1] (o outro foi o fundador da dinastía Ming, Zhu Yuanzhang), e encabezou as revoltas populares contra a dinastía Qin, a primeira dinastía imperial chinesa, que unificara os estados chineses primitivos baixo o primeiro emperador Qin Shihuang.

Nome

Liu Bang era o seu nome de nacemento. Antes de ser emperador, foi coñecido tamén como Duque de Pei (Pei Gong, 沛公), polo seu lugar de nacemento, e tivo tamén o título de Príncipe de Han, que lle foi outorgado por Xiang Yu, o gran príncipe de Chu Occidental, durante a crise que precipitou o final da dinastía Qin. Precisamente como Príncipe de Han logrou ser nomeado emperador da nova dinastía, á que deu o nome de "Han".

Como emperador, foi coñecido primeiro como Tàizǔ (太祖), nome habitual dos emperadores fundadores. Posteriormente, foi coñecido como emperador Gāozǔ 高祖 e postumamente como Gāodì (高帝, "emperador Gao"). Actualmente, en chinés é coñecido como Han Gaozu ("Gaozu de Han") ou Han Gaodi ("Emperador Gao de Han"). A diferenza do que ocorre con outros emperadores chineses, é tamén moi frecuente o uso do seu nome propio orixinal "Liu Bang".

Traxectoria

Infancia e mocidade

Liu Bang naceu dunha familia campesiña en Pei (actual distrito de Pei na provincia de Jiangsu). O mozo Liu Bang axudaba a súa familia nas actividades agrícolas mais axiña deixou a súa actividade no seo familiar para unirse á patrulla de seguridade pública do seu distrito. No seu labor como patrulleiro ocorreu un incidente que marcou o seu futuro: sendo responsable do transporte dun grupo de reclusos ao monte Li, na actual provincia de Shaanxi, varios dos reclusos conseguiron escapar durante o traxecto. Temendo o castigo que podería sufrir debido á fuxida dos fugitivos, Liu Bang liberou os presos restantes e fuxiu, converténdose en xefe dun grupo de bandoleiros. Nunha das súas incursións, impresionou polos seus dotes de mando a un alto maxistrado do distrito, que aceptou cederlle a súa filla Lǚ Zhì (呂雉) en matrimonio.

A insurrección contra a dinastía Qin

En 209 a. C. Chen Sheng iniciou unha sublevación contra a dinastía Qin e asumiu o título de "rei do gran Chu". Pei estaba no territorio de Chu. No momento en que Liu Bang liberou os presos que escoltaba cara ao monte Li, converténdose el mesmo en fuxitivo, Xiao He exercía as funcións de secretario do maxistrado de distrito de Pei.

Cando Chen Sheng comezou a súa rebelión, o maxistrado de distrito sopesou unirse á insurrección, e seguindo as recomendacións de Xiao e de Cao Can (曹參) (por entón un funcionario das forzas da orde do distrito), fixo enviar a Fan Ceng (樊噌), cuñado de Liu Bang, para convidar formalmente a Liu e o seu grupo de bandoleiros a que acudisen ao distrito de Pei para sumarse á rebelión. Fan Ceng levou a súa mensaxe a Liu, quen accedeu a trasladarse a Pei, mais durante a viaxe a Pei, o maxistrado cambiou de opinión e pechou as portas da cidade. Temendo que Xiao e Cao mantivesen o seu compromiso coa rebelión e abrisen as portas aos homes de Liu Bang, o maxistrado ordenou executalos. Con todo, Fan Ceng e Cao Can lograron fuxir, uníndose ao grupo de Liu Bang, que cercou a cidade. Presumiblemente por idea de Xiao Hei, e a través de mensaxes lanzadas con frechas ao interior da cidade amurallada, o grupo rebelde instou os anciáns da cidade a desobedecer o maxistrado e aceptar a rendición da cidade. Estes aceptaron, asasinando o maxistrado e abrindo as portas da cidade aos homes de Liu Bang, concedendo a este o título de "Duque de Pei".

Liu Bang, sumándose así á rebelión contra a dinastía Qin, púxose ás ordes de Xiang Liang (項梁) e, despois de que este fose asasinado, pasou ao servizo de Mi Xin (羋心), o príncipe Huai de Chu, que era o líder nominal da coalición dos estados rebeldes. Mi Xin concedeu a Liu a distinción de "Marqués de Wu'an". Foi naquela época cando Liu trabou contacto con Zhang Liang (張良), que acabou por ser uns dos seus principais colaboradores e estrategos.

Mi Xin fixo a promesa de que aquel que ocupase primeiro a rexión de Guanzhong, a chaira do Shaanxi central, a terra orixinal dos Qin, seríalle concedido Guanzhong como reino persoal. El mesmo encomendou a Liu Bang esta misión, en parte porque estimaba a Liu como home recto e bondadoso, a diferenza de Xiang Yu, ao que vía como cruel e impetuoso. Mentres Xiang Yu estaba inmerso na batalla co principal continxente do exército Qin, Liu conseguiu invadir Guanzhong con relativa facilidade.

En decembro de 207 a. C., o último gobernador Qin Ziying (子嬰) rendeuse a Liu Bang e o seu exército rebelde, e en 206 a. C., Liu entrou na capital de Qin Xianyang. Con todo, Xiang Yu era aínda considerado como o home forte da rebelión e Liu Bang viuse obrigado a ceder o control sobre Xianyang a Xiang Yu. Este chegou mesmo a considerar a posibilidade de facer matar a Liu nunha cea que foi máis adiante coñecida como o banquete da porta de Hong, aínda que finalmente desestimou levar a cabo o plan de asasinato.

A contenda entre Chu e Han

Ao ver a totalidade do antigo imperio de Qin baixo o seu control, Xiang Yu emprendeu a reorganización administrativa dos territorios baixo o seu poder. Nesta reorganización incluíronse tamén as zonas aínda non conquistadas de Qin e os estados rebeldes, quedando o territorio dividido en dezanove principados baixo a autoridade, real ou reivindicada, do poder central.

Xiang Yu non respectou a promesa de Mi Xin, príncipe Huai de Chu, que foi asasinado por ordes do propio Xiang. Pola contra, outorgou Guanzhong aos príncipes do tres Qin, mentres que a Liu Bang foille concedido unicamente o principado de Han, que abarcaba os territorios actuais de Sichuan e Chongqing, así como o sur de Shaanxi.

No seu dominio do principado de Han, Liu Bang concentrou os seus esforzos no desenvolvemento de métodos agrícolas e na formación do seu exército propio, mediante o cal reforzou o seu poder militar. Non transcorrera moito tempo cando o exército de Liu desbordou os límites do principado de Han, forzando o derrocamento dos reis do tres Qin e ocupando Guanzhong, onde declarou a guerra contra Xiang Yu, actualmente coñecida como guerra de Chu e Han.

A pesar de que Xiang Yu gozaba dunha vantaxe militar considerable sobre Liu Bang, a súa posición era politicamente máis débil. Xiang Yu continuou a inflixir derrotas aos homes de Liu no campo de batalla. Con todo, os enfrontamentos armados contribuíron a aumentar o número de seguidores de Liu Bang, ata que se inverteu a tendencia e as tropas de Xiang Yu comezaron a ceder terreo ante Liu Bang. Ao ser definitivamente derrotado, Xiang Yu optou polo suicidio.

A guerra prolongouse durante cinco anos, entre o 206 e o 202 a. C., e concluíu coa vitoria total de Liu Bang. Derrotando a Xiang Yu, Liu proclamouse a si mesmo emperador e estableceu a nova dinastía Han no ano 202 a. C., convertendo a cidade de Chang'an (actual Xi'an) na súa capital. Liu Bang pasou así a ser coñecido como Emperador Gao de Han.

Reinado como Emperador

Despois de que Liu Bang ocupase o poder, recentralizou a China baseándose no modelo de Qin. Substituíu gradualmente os vasalos orixinais, concedendo as súas terras aos seus parentes. Posto que a economía fora devastada pola guerra despois do falecemento do último emperador da dinastía Qin, reduciu impostos, desenvolveu a agricultura e restrinxiu o gasto público. Con todo, en resposta ao que el viu como a decadencia dos comerciantes de Qin, restrinxiu o comercio con fortes impostos e restricións legais aos comerciantes. Tamén fixo as paces cos xiongnu. Baixo o reinado de Gāozǔ, o confucianismo substituíu gradualmente o pensamento dos legalistas; apoiou os eruditos confucionistas durante o seu goberno, mentres que as severas leis dos legalistas foron diminuíndo en influencia. Os esforzos do emperador Gāozǔ estableceron unha base sólida para o longo reinado de catrocentos anos da dinastía Han. Liu Bang tamén se dedicou a someter os reinos rebeldes baixo a súa autoridade. Pronto se anexionou a maior parte deses reinos e estableceu principados neles, cos seus fillos e parentes como príncipes, consolidando o seu recentemente nado imperio. En política exterior Liu Bang tentou combater mediante campañas militares as incursións dos xiongnu, mais os seus exércitos foron abatidos varias veces no campo de batalla. Como consecuencia, utilizou outra táctica: decidiu tranquilizar os xiongnu mediante alianzas matrimoniais entre as princesas da familia real e os chanyu, os líderes dos xiongnu. Esta política mantívose preto de 70 anos.

Sucesión

O herdeiro natural de Liu Bang era o príncipe Liu Ying, fillo máis vello do emperador e da emperatriz Lü Zhi. Con todo, Liu Bang non vía en Liu Ying os dotes necesarios para ser o seu sucesor, preferindo o seu fillo Ruyi, o príncipe Yin de Zhao, fillo da dama Qi, unha das concubinas do emperador. A pesar dos intentos de Liu Bang de outorgar a sucesión a Ruyi, a maior parte dos ministros mantiveron a súa lealdade a Liu Ying e á súa nai a emperatriz Lü. Trala morte de Liu Bang, Liu Ying accedeu ao trono e, segundo o relato tradicional, a propia emperatriz Lü envelenou a Ruyi e torturou a concubina Qi ata a morte.

Notas

  1. Esta data recóllea Huangfu Mi (皇甫謐)
  2. Data indicada por Chen Zan (臣瓚) no seu comentario ao Libro de Han

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

  1. Encyclopædia Britannica (ed.). "Gaozu Emperor of Han Dynasty" (en inglés). Consultado o 18 de xuño do 2020.