DS-A1
DS-A1 foi un tipo de satélite artificial da Unión Soviética. Foron desenvolvidos pola oficina de deseño de Yuzhnoye como satélites para facer diferentes probas e experimentos no espazo.[1][2]
Características
O satélites DS-A1 tiñan unha masa de 250 kg e estaban formados polo bus DS, que contiña os experimentos e instrumentos hermeticamente selados. Alimentábanse mediante baterías, situadas dentro da cápsula xunto cos instrumentos. Lanzáronse un total de sete satélites DS-A1, catro dos cales chegaron a órbita, pasando a denominarse Kosmos 11, Kosmos 17, Kosmos 53 e Kosmos 70. Todos foron lanzados mediante foguetes Kosmos 63S1 desde o cosmódromo de Kapustin Yar e probaron tanto técnicas de comunicación e navegación como fixeron medicións da magnetosfera terrestre, os raios cósmicos e a radiación de probas nucleares.[1][2]
Satélites
Kosmos 11
Foi lanzado o 20 de outubro de 1962. Levaba a bordo experimentos militares para probar métodos de comunicación e navegación para as forzas nucleares soviéticas, máis tarde usados nos satélites Uragan. Fixo medicións de raios cósmicos e da radiación de probas nucleares. Reentrou na atmosfera o 18 de maio de 1964.[1][2]
Kosmos 17
Foi lanzado o 22 de maio de 1963. Mesma misión e obxectivo que Kosmos 11. Reentrou na atmosfera o 2 de xuño de 1965.[1][2]
Kosmos 53
Foi lanzado o 30 de xaneiro de 1965. Mesma misión e obxectivo que Kosmos 11 e 17. Reentrou na atmosfera o 12 de agosto de 1966.[1][2]
Kosmos 70
Foi lanzado o 2 de xullo de 1965. Mesma misión e obxectivo que Kosmos 11, 17 e 53. Reentrou na atmosfera o 18 de decembro de 1966.[1][2]