Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Axl Rose

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 3 de maio de 2024 ás 08:45 por Breogan2008 (conversa | contribucións) (Reemplazos con Replacer: «padrastro»)
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)
Modelo:BiografíaAxl Rose

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(en) W. Axl Rose Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) William Bruce Rose Jr. Editar o valor en Wikidata
6 de febreiro de 1962 Editar o valor en Wikidata (62 anos)
Lafayette, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
ResidenciaMalibú Editar o valor en Wikidata
EducaciónJefferson High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónvocalista, pianista, cantautor, músico, activista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1982 Editar o valor en Wikidata -
Membro de
Xénero artísticoMúsica rock, heavy metal e hard rock Editar o valor en Wikidata
TesituraBaritenor (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

InstrumentoPiano, voz, guitarra e pandeireta Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoGeffen Records
Uzi Suicide Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeErin Everly Editar o valor en Wikidata
ParellaStephanie Seymour Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0741730 Rottentomatoes: celebrity/axl_rose TV.com: people/axl-rose
Twitter: axlrose Spotify: 6lig3yUbu7r6VhnB8YGSlF Musicbrainz: db4da9ba-c52b-4df9-876f-7c6db3582256 Songkick: 2391045 Discogs: 329360 Allmusic: mn0000758883 WikiTree: Rose-19277 Deezer: 4131640 Editar o valor en Wikidata

W. Axl Rose, de nome real William Bruce Bailey, nado o 6 de febreiro de 1962, é un músico cantautor, compositor e pianista estadounidense[1]. Alcanzou a popularidade por tratarse do cantante, líder e compositor do grupo Guns N' Roses, co que tivo un grande éxito arredor do mundo a finais das décadas de 1980 e principios da de 1990.

No ano 2016, colaborou como vocalista principal da banda AC/DC na xira mundial, en substitución de Brian Johnson, que padecía problemas de saúde auditivos.[2]

Situado no posto número 64 da listaxe “Os 100 mellores cantantes de todos os tempos” segundo Rolling Stone[3]; sexto da listaxe “Os 100 mellores vocalistas do metal de todos os tempos” segundo Hit Parader; na segunda posición da listaxe “Mellores roqueiros de todos os tempos” segundo Kerrang Magazine[4]; no terceiro lugar da listaxe “Os 50 mellores cantantes do metal de todos os tempos” segundo Roadrunner Records[5]; e no cuarto lugar segundo NME[6]. Ademais dos numerosos recoñecementos polo seu traballo como compositor.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Nado como William Bruce Rose Jr. en Lafayette, Indiana, unha cidade do Medio Oeste dos Estados Unidos, preto da fronteira co Canadá. Axl Rose foi o fillo máis vello de Sharon Elizabeth Falkenhörst Leitner, de 16 anos e cursando aínda o instituto, e de William Bruce Rose Caulfield, de 20, no ano 1962[7]. Axl Rose é de ascendencia escocesa pola parte paterna e alemá pola parte materna[8].

Os seus pais divorciáronse cando Rose tiña apenas tres anos. A súa nai casou de novo con Stephen L. Bailey e cambiou o nome do seu fillo a William Bruce Bailey. Rose tiña dous irmáns pola parte da súa nai, nados dese segundo matrimonio, chamados Amy e Stuart.

A familia Bailey era moi relixiosa e asistían a unha igrexa Pentecostal, de tres a oito veces á semana. Axl Rose mencionou nunha ocasión que sufriu unha crianza opresiva debido ao fanatismo relixioso do seu padrasto, o cal segundo el era moi violento, e adoitaba golpear á súa nai, aos seus irmáns e a el.

Axl comezou as súas andainas no mundo da música tocando o piano e cantando no coro da igrexa  pentecostal, á idade de cinco anos. Ata os 17 anos non descubriu que o home a quen sempre crera o seu pai,  L. Stephen Bailey era en realidade o seu padrasto, xa que nunca viu ao seu verdadeiro pai ata que foi adulto. Tras decatarse disto,  Axl decidiu cambiar o seu apelido Bailey polo de Rose (o apelido do seu verdadeiro pai). William Rose, Sr. morreu asasinado en Marion,  Illinois, en 1984, do cal Rose non se decatou ata anos máis tarde. Nesa época, en 1979, comezou a pensar en montar un grupo e así formou unha banda en  Lafayette chamada A.X. L (de aí o seu nome artístico).

Antes de cumprir 18 anos fora arrestado máis de 30 veces, algunhas delas por pequenos roubos a tendas, ademais de iniciar disturbios, fumar marihuana e estar borracho na vía pública, o que causaba pelexas na rúa. Estes acontecementos provocaron que Axl gañase a reputación de fuxitivo e de mozo problemático na súa pequena vila natal, o cal ao cabo abandonaría anoxado, para continuar cos seus soños de converterse nunha estrela de rock.

Na escola secundaria nunca destacou, pois era un alumno con moi mal comportamento: adoitaba escaparse da escola xa que a el non lle parecía que fose unha maneira correcta de educar. Destacaba nas clases de canto, interpretando diferentes voces para confundir ao seu profesor. Durante a secundaria, coñeceu a un mozo chamado Jeffrey Isbell, máis coñecido como Izzy Stradlin, co cal establecería unha gran amizade e lograría formar unha banda chamada Hollywood Rose.

A diferenza da crenza popular, Rose nunca foi un gran adicto ás drogas e o alcol, aínda que non negou o uso de substancia ilícitas pola súa parte. Posteriormente, os seus compañeiros confirmaron que unicamente adoitaba consumir marihuana en ocasións, e que os seus problemas debíanse ao seu carácter volátil[9].

Carreira musical e Guns N' Roses

[editar | editar a fonte]

Pouco despois da súa chegada a Los Ángeles, Rose coñeceu ao guitarrista Kevin Lawrence no exterior do bar Troubadour en West Hollywood, e uniuse á súa banda Rapidfire. Posteriormente, en maio de 1986, gravaron unha demo de catro cancións, que tras anos de accións legais foi lanzada como EP en 2014.

Tras a súa separación con Lawrence formou a banda Hollywood Rose co seu amigo da infancia, Izzy Stradlin, que se trasladou a Los Ángeles en 1980. En xaneiro de 1984 gravaron catro cancións: "Anything Goes", "Rocker", "Shadow of  Your Love", e "Reckless Life", tema que foi lanzado en 2004 como "Roots of Guns N' Roses".

Tempo despois o guitarrista Slash e o batería Steven Adler uníronse a Hollywood Rose antes da súa disolución. Rose uniuse á primeira formación de L.A. Guns, e mentres tentaba penetrarse na escena musical de Hollywood, tivo unha gran variedade de traballos, incluíndo o cargo de xerente nocturno no Tower Records, en Sunset Boulevard. Rose e Stradlin estiveron tamén fumando cigarros para un estudo científico da Universidade dos Ánxeles, por oito dólares á hora.

Desde o primeiro momento Slash e Steven Adler quedaron impactados co poder vocal de Axl no escenario, o que fixo que o quixesen de vocalista, aínda que a relación entre os cinco era precaria debido a enormes diferenzas, o que provocou que Izzy Stradlin marchase de L.A. Guns. Logo Axl tamén marchou, quedando disolta a banda Hollywood Rose.

Axl Rose en concerto no ano 2010.

En marzo de 1985, Rose e o seu antigo compañeiro de banda, Tracii Guns, formaron Guns N' Roses, mediante a fusión das súas respectivas bandas de Hollywood Rose e  L.A. Guns. En xuño, despois de varios cambios de formación, a banda estaba formada por Axl Rose, Izzy Stradlin, Tracii Guns, Ole Beich e Rob Gardner. Apenas unhas semanas despois Tracii Guns marchou debido a diferenzas con Rose, polo que Slash pasaría a ser o novo guitarrista. Ole Beich e Rob Gardner tamén abandonaron a banda en cuestión de tres semanas, despois do seu debut, producíndose así a chegada a Guns N' Roses de Duff McKagan e Steven Adler. A aliñación agora estaba composta por Axl Rose, Slash, Izzy Stradlin, Steven Adler e Duff McKagan.

Con esta nova formación debutaron no Troubadour, e tocaron na xira de clubs de Los Ángeles. A banda atraeu a atención de varios dos principais selos discográficos, antes de asinar con Geffen Records en marzo de 1986. O seguinte mes de decembro, lanzaron o EP de catro cancións: Live ?!*@ Like a Suicide coa discográfica UZI Suicide.

En xullo de 1987 Guns N' Roses lanzou o seu álbum debut, Appetite for Destruction. Aínda que recibiu eloxios da crítica só se venderon 500.000 copias no seu primeiro ano de lanzamento. Con todo, impulsado polo percorrer incansable da banda e o éxito comercial do single "Sweet Child O' Mine", unha homenaxe a Erin Everly, por entón a noiva de Axl, o álbum alcanzou a posición  nº 1 nas listaxes de Estados Unidos en agosto de 1988 e, novamente, en febreiro de 1989. Ata a data, Appetite for Destruction vendeu máis de 31 millóns de copias en todo o mundo, 19 millóns das cales só nos Estados Unidos, polo que é o álbum debut máis vendido de todos os tempos[10].

En novembro de 1988, Guns N' Roses lanzou o álbum provisional G N' R Lies que vendeu máis de cinco millóns de copias só nos Estados Unidos. Con este álbum a banda, e Axl en particular, foron acusados de fomentar as actitudes racistas e homófobas coa canción "One in a Million", na que Rose advirte aos "negratas" (niggers, en inglés) de apartarse do seu camiño e acusa os "maricóns" (faggots) de estender dita enfermidade.

Co éxito de Appetite for Destruction e G N' R Lies, Axl atopouse aclamado como un dos cantantes máis destacados do rock.

En setembro de 1991, co material suficiente para completar dous discos, Guns N' Roses lanzou Use Your Illusion I e Use Your Illusion II, que debutou no N. 2 e N. 1 respectivamente nas listaxes de Estados Unidos. Con todo, as relacións entre Axl e os seus compañeiros de banda eran cada vez máis tensas. O seu amigo da infancia Izzy Stradlin deixou repentinamente o grupo en novembro de 1991, sendo substituído por Gilby Clarke do grupo Kill For Thrills.

Durante a xira de Use Your Illusion, en 1991, Axl negouse a cantar nun show en Phoenix, o cal fixo que os demais membros o despedisen, pero ao día seguinte foi contratado de novo. Logo desta experiencia, Axl obrigou a todos os membros da banda a cederlles a súa parte mediante un documento oficial, o cal convertería a Rose como único dono da banda e único dereito de autor.

Finalmente Rose e a súa banda puxeron fin á extensa xira Use Your Illusion o 17 de xullo de 1993 no estadio de River Plate en Buenos Aires, Arxentina, fronte a máis de 70.000 persoas, o cal significaría a última vez de Axl, Slash, Duff, Gilby, Dizzy e Matt xuntos nun escenario[11].

Discografía

[editar | editar a fonte]

Discografía con Guns N' Roses

[editar | editar a fonte]
Nome do álbum Información
Live?!* Like a Suicide
Appetite for Destruction
G N’ R Lies
Use Your Illusion I
Use Your Illusion II
The Spaghetti Incident?
Live Era: ’87-‘93
Greatest Hits
Chinese Democracy
Axl Rose no Palacio de los Deportes, o 30 de novembro de 2016.

Videografía

[editar | editar a fonte]
  1. "Axl Rose > Loudwire". Loudwire (en inglés). Consultado o 2019-04-07. 
  2. Website, AC/DC Official. "News". AC/DC Official Website (en inglés). Consultado o 2019-04-07. 
  3. Stone, Rolling; Stone, Rolling (2010-12-03). "100 Greatest Singers of All Time". Rolling Stone (en inglés). Consultado o 2019-04-07. 
  4. "The 10 Greatest Rockstars Of All Time". Arquivado dende o orixinal o 11 de outubro de 2015. 
  5. "ROADRUNNER RECORDS NAMES THE TOP 50 GREATEST METAL FRONTMEN OF ALL TIME". MetalSucks (en inglés). 2009-02-25. Consultado o 2019-04-07. 
  6. Elan, Priya (2011-06-21). "Michael Jackson tops NME's Greatest Singers poll". NME (en inglés). Consultado o 2019-04-07. 
  7. "Axl Rose". rollingstone.com. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2011. 
  8. "Ancestry of Axl Rose". www.wargs.com. Consultado o 2019-04-07. 
  9. "Here Today... Gone To Hell! | Articles > The world according to W. Axl Rose by Del James". www.heretodaygonetohell.com. Consultado o 2019-04-07. 
  10. "Top 10 Best Selling Debut Albums in US History". TheRichest (en inglés). 2014-06-02. Arquivado dende o orixinal o 07 de abril de 2019. Consultado o 2019-04-07. 
  11. Gallucci, Michael. "Slash and Duff McKagan's Last Classic-Era GNR Show". Ultimate Classic Rock (en inglés). Consultado o 2019-04-07.