Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Transfiguration pending
Saltar ao contido

Abd al-Rahman I

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Abderramán I»)
Modelo:BiografíaAbd al-Rahman I

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento731 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Damasco, Siria Editar o valor en Wikidata
Morte30 de setembro de 788 Editar o valor en Wikidata (56/57 anos)
Qurtuba Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaAlcázar Califal (Córdoba) Editar o valor en Wikidata
Emir de Córdoba
756 (Gregoriano) – 788 (Gregoriano)
← Yusuf ibn 'Abd al-Rahman al-Fihri (pt) TraducirHisham → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónSunnismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, gobernante, líder militar Editar o valor en Wikidata
Familia
FamiliaUmayyad of Córdoba (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
FillosHisham Editar o valor en Wikidata
PaiMuawiya ibn Hisham Editar o valor en Wikidata
IrmánsAban ibn Mu'awiya ibn Hisham Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteEnciclopédia militar Sytin (pt) Traducir
Encyclopedic Lexicon (en) Traducir
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Umayyad-11
Estatua de Abderramán I. Almuñécar, España

Abd al-Rahman I[1] (Abderramán, Abd ar-Rahman ou ‘Abd al-Rahmán), nado en Damasco en 731 e finado en Córdoba en 788, foi un Califa andalusí.

Foi o fundador dunha dinastía musulmá que gobernou al-Andalus por case tres séculos, e membro da dinastía omeia, pois era neto de Hisham ibn Abd al-Malik, o décimo califa Omeia.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Era coñecido como o emigrante, tivo que fuxir de Damasco cando os abásidas derrotaron aos omeias e procurou refuxio en Palestina e Siria. A través de Exipto chegou ao norte de África e despois de catro anos refuxiouse entre a tribo bérber dos Nazca (Mauritania) da cal proviña a súa nai. De aí pasa á Península Ibérica, onde contaba cun certo número de partidarios e se sentía máis a salvo da persecución dos axentes ao servizo dos abásidas, que pretendían acabar con todos os membros da dinastía omeia.

Desembarcou no porto de Almuñécar o 14 de agosto do 755, contando co apoio das tribos iemenís e sirias de al-Andalus. En marzo do 756 entrou en Sevilla e o 15 de maio derrotou ao emir Yusuf al-Fihri, entrou en Córdoba e foi proclamado emir.

Durante o seu reinado dedicouse a establecer un estado centralizado. Tivo que facer fronte a sublevacións e revoltas incluída a dalgúns membros da súa familia. Protexeu os artistas e poetas, e foi ele mesmo autor de poesías. Recibiu o alcume de O Xusto.

Tamén, baixo o seu reinado, iníciase a construción no ano 785 da Mesquita de Córdoba sobre a localización da Basílica visigoda de San Vicenzo Mártir, que foi construída no século VI. No mesmo terreo iníciase a edificación do oratorio ou haram no ano 786.

Morreu após trinta e dous anos de reinado, deixando o trono ao seu fillo Hicham, en detrimento de Solimán e de Abd-Alláh, seus irmáns mais vellos.

  1. "And al-Rahman". Diciopedia do século 21 1. Edicións do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 22.