xenio
Aparencia
- Pronuncia: [ˈʃɛ.njʊ] (AFI)
xenio (sg: xenio; pl: xenios)
- (Mitoloxía) Ser fantástico que protexe certos lugares, así como tamén pode influír no destino de alguén para ben ou para mal.
- Predisposición innata para cultivar algún ramo do saber humano, especialmente de temas intelectuais e creativos.
- Exemplo: Traballa meu, que o xenio e a preguiza son grandes inimigos.
- Exemplo: Traballa meu, que o xenio e a preguiza son grandes inimigos.
- Persoa de grande talento, sobresaínte, creador de pensamentos e coñecementos novos.
- Exemplo: Picasso e Einstein foron grandes xenios do século XX.
- Exemplo: Picasso e Einstein foron grandes xenios do século XX.
- Carácter, temperamento ou humor dunha persoa.
- Exemplo: A todos nos gusta arrimarnos a persoas de bo xenio.
- Exemplo: A todos nos gusta arrimarnos a persoas de bo xenio.
- Ánimo, forza, viveza na acción.
- Exemplo: Ti dálle con xenio.
- Exemplo: Ti dálle con xenio.
- Inclinación do carácter dunha persoa a actuar con bravura e a enfurruñarse facilmente.
- Sinónimos: xaneta.
- Exemplo: Co xenio que ten non hai quen o ature.
- Carácter propio e distintivo.
- Exemplo: O xenio dunha nación.
- Exemplo: O xenio dunha nación.