Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

punto

do Galizionario, dicionario galego na Internet.
Galego
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «punto».
Puntos suspensivos
Un típico diagrama de fase. A liña verde marca o punto de conxelación, a azul, o punto de ebulición e a rubia o punto de sublimación. Móstrase como estes varían coa presión. O punto de unión entre as liñas verde, azul e vermella é o punto triplo. A liña con puntos amosa o comportamento anómalo da auga.
Arcos de medio punto na Catedral de Santiago.
  • Pronuncia: /ˈpun.to/ (AFI)

Substantivo masculino

punto (sg: punto; pl: puntos)

  1. Sinal de pequenas dimensións que, polo contraste de cor ou de relevo, é perceptíbel nunha superficie.
    • Exemplo: O mantel está adornado con puntos vermellos.

  2. Trazo gráfico escrito sobre o i minúsculo (e en palabras doutros idiomas tamén no j), e que forma parte destas letras.
    • Exemplo: Poñer o punto sobre os is

      .
  3. Signo ortográfico (.) cuxo principal uso é sinalar o final dun enunciado, dun parágrafo ou dun texto, así como marcar o peche das abreviaturas; por exemplo, en p. ex., en etc. ou en Excmo. Sr. Emprégase tamén como separador en expresións numéricas como horas e datas; p. ex., en 12.30 h ou 21.05.2023.
  4. Cada unha das partes en que se divide o pico da pluma de escribir, por efecto da abertura ou aberturas feitas ao longo del.
  5. Cada unha das puntadas que nas obras de costura vanse dando para facer o labor sobre a tea.
    • Exemplo: Punto de cadeneta, punto de cruz.

  6. Rotura pequena que se fai nas medias por soltarse algún punto.
  7. Cada unha das diversas maneiras de enlazar entre si os fíos que forman certos tecidos.
  8. (Metroloxía) Medida de lonxitude, duodécima parte da liña.
  9. Cada unha das partes de dous terzos de centímetro de lonxitude en que se divide o cartabón dos zapateiros.
  10. Sitio, lugar.
  11. Valor que, segundo o número que lle corresponde, ten cada unha das cartas da baralla ou das caras do dado.
  12. En certos xogos, valor que se atribúe ás cartas da baralla.
  13. En certos xogos de baralla , o as de cada pau .
  14. (Metroloxía) Unidade de valoración dentro dunha escala.
    • Exemplo: A bolsa baixóu dous puntos. O índice de audiencia subiu medio punto.

  15. Ocasión oportuna, momento favorábel.
    • Exemplo: Chegou a punto de lograr o que desexaba.

  16. Cada un dos asuntos ou materias diferentes de que se trata nun sermón, nun discurso, nunha conferencia, etc.
  17. Parte ou cuestión dunha ciencia.
    • Exemplo: A mecánica é unha parte da física

      .
  18. O substancial ou principal nun asunto.
  19. Estado de calquera asunto ou negocio.
    • Exemplo: A tal punto chegou a situación.

  20. Estado perfecto que chega a tomar un alimento ao cocinalo, condimentalo ou preparalo.
    • Exemplo: A caldeirada xa está a punto

      .
  21. Extremo ou grao a que pode chegar algo.
  22. (Física) Temperatura á que se produce un determinado fenómeno físico.
    • Exemplo: Punto de conxelación, punto de fusión.

  23. (Matemáticas) Elemento xeométrico sen dimensións cuxa posición no plano ou no espazo se localiza mediante as súas coordenadas.
  24. (Medicina) Puntada que o cirurxián, pasando a agulla polos labios da ferida, para que se unan e poida curarse.
  25. (Música) Nos instrumentos musicais, ton determinado de consonancia para que estean acordes.
  26. (Arquitectura) Arcos de medio punto.

Termos relacionados

a punto, a punto de, a tal punto que, ao punto, até certo punto, baixar o punto, con puntos e comas, de punto, de todo punto, dous puntos, en punto, ganar moitos puntos, ganar puntos, medio punto, no seu punto, punto accidental, punto cardinal, punto cego, punto céntrico, punto crítico, punto de apoio, punto de caramelo, punto de conxelación, punto de costado, punto de distancia, punto de ebulición, punto de febra, punto de mira, punto de neve, punto de referencia, punto de vista, punto débil, punto e aparte, punto e coma, punto e seguido, punto equinoccial, punto final, punto fixo, punto forte, punto fraco, punto limpo, punto medio, punto morto, punto negativo, punto negro, punto neuráxico, punto positivo, punto triplo, punto visual, puntos suspensivos.