Fernán Martís
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XIV Galicia, España |
Morte | século XIV |
Actividade | |
Ocupación | escribán |
Fernã Martis, Fernã Martiis ou Fernán Martíns, foi un escribán galego do século XIV, capelán de Fernán Peres de Andrade, O Boo, quen lle encargou a tradución ao galego do Roman de Troie de Benoît de Sainte-Maure. Tal tradución é coñecida como a Crónica troiana.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Descoñécese o seu lugar de nacemento, aínda que probabelmente fose A Coruña. Esta afirmación baséase na existencia de documentos da época, sobre todo relacionados coa administración do concello da Coruña, nos que, con relativa frecuencia, aparece o apelido Martís ou Martiis desenvolvendo tarefas administrativas importantes. Ademais, desde finais de 1371, Fernán Pérez, O Boo, o seu señor, gobernaba a cidade da Coruña.
Porén, o tema dos apelidos medievais hai que tomalo con cautela polos cambios constantes que sufrían. Tendo en conta isto, Fernán Martíns ben podería ser da comarca eumesa por apareceren grafías Martiz e Martiis en documentos da época relativos a Pontedeume e comarca.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Artigo sobre Fernán MartísArquivado 02 de febreiro de 2012 en Wayback Machine. no caderno nº1 do Ateneo Eumés.